O Concello de Cuntis da o pistoletazo de saída ás suas festas patronais. Dende hoxe e ata o vindeiro xoves 18, a vila acolle múltiples eventos culturais, competicións deportivas, actividades infantís, e sobre todo moita música. O ISerán, Encontro Galego de Cultura Popular marcará esta noite o inicio dos festexos. Deste xeito, tradición e folclore súmase á oferta proposta polas orquestras e as bandas, que encherán de ritmo e ambiente as rúas e prazas da localidade durante seis días.

Non faltarán eventos deportivos como o tradicional tirangular de fútbol ou a Carreira Popular San Antón. A IVEdición da Carreira de Rolos será outra das propostas da programación festiva, unha divertida competición na que os participantes optarán a premios que suman un total de 1.200 euros. Este ano ademáis inclúese unha modalidade para os máis cativos.

O Grupo Treixadura será un dos encargados de amenizar a verbena do día 15. BERNABE/CRIS M.V.

Programa de festas



Sábado, 13

20.30 h: Primeiro Serán. Encontro Galego de Cultura popular en Cuntis. Introducido polo Grupo de Acordeóns e seguido do Grupo de Música e Baile Tradicional da Agrupación Municipal Cuntis, e outros grupos invitados. Na contorna da Piscina Municipal.

Domingo, 14

18.00 h: IV Carreira de Rolos, no casco antigo. Equipos de 4 persoas. Inscripcións no teléfono 685 581 962. Con 1.200 euros en n premios, e novidade de Carreira de Rolos para nenos e nenas. 

Lunes, 15

10.30 h: Disparo de foguetes. 

11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Campo Lameiro. 

11.30 h: Desfile de Cabezudos acompañados da agrupación folclórica Hai Que Roelo. 

12.30 h: Misa sonlemne na honra de Santa María.

13.30 h: Concerto da Banda de Música Municipal de Campo Lameiro, na praza dos Árbores.

18.15 h: Actuación infantil Os Monifantes, na rúa do Balneario.

19.30 h: V Torneo Triangular Concello de Cuntis, no campo municipal da Ran entre os equipos Moraña C.F., S.P. A Estrada e Atl. Cuntis.

22.30 h: Verbena amenizada polos grupos Treixadura e Alkar.

Martes, 16

10.30 h: Disparo de foguetes. 

11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de A Estrada. 

12.30 h: Misa sonlemne na honra de San Roque.

13.30 h: Concerto da Banda de Música Municipal de A Estrada, na praza dos Árbores.

18.00 h: Campionato de Xogos Populares no Monumento

22.30 h: Verbena amenizada polas orquestras Status e Charleston.

Mércores, 17

10.30 h: Disparo de foguetes. 

11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Marín. 

12.30 h: Misa sonlemne na honra da Virxe do Carme.

13.30 h: Concerto da Banda de Música de Marín, na Praza dos Árbores.

19.00 h: Espectáculo infantil Os Bolechas Deportistas, na Praza de Ferrol.

22.30 h: Verbena amenizada polas orquestras Status Panamá e América de Vigo.

Xoves, 18

10.30 h: Disparo de foguetes. 

11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda da Escola de Música Municipal de Vilaboa. 

12.30 h: Misa sonlemne na honra de San Antón.

13.30 h: Actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa, na Praza dos Árbores.

17.55 h: Apertura da mesa informativa sobre a diabete tipo I a cargo da asociación ANEDIA, no pavillón.

18.00 h: II Carreira Popular San Antón, na contorna do pavillón.

22.30 h: Verbena amenizada polas orquestras Solara e Cinema.