A Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas (ACICA) prepárase para celebrar a súaa tradicional Feira de Oportunidades do Morrazo.

A próxima fin de semana, durante os días 12, 13 e 14 de agosto, este acontecemento anual conquistará a Alamenda Nova de Cangas, ocupando a explanada dos Xardíns do Señal, ao lado do Concello. Un recinto de máis de 1.500 metros cadrados no que, de novo, veciños e visitantes poderán acceder á oferta de multitud de tendas con importantístimos descontos en produtos e marcas de primeira calidade.

Stands de moda e ocio

A cita contará este 2022 con 27 stands individuais ubicados en haimas separadas, que acollerán propostas de todo tipo: establecementos de moda, complementos, comercio infantil, informática, deportes, calzado, xoguetería, etc. de toda a comarca do Morrazo.

Con 27 stands individuais de tendas de todo tipo. FECIMO

A Feira de Oportunidades é un clásico na axenda comercial do verán na comarca, reunindo cada ano a más de 15.000 visitantes nas súas instalacións e que disfrutan de tres xornadas de compras amenizadas por música e decoración moi colorista.

Esta edición inaugurarase o venres 12 ás 11.00 da mañá, e o recinto de tendas permanecerá aberto ata ás 14.00 en horario matinal e entre as 18.00 e 23.00 durante o horario de tarde (horas que non presentan variacións nos tres días que dura o evento).

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas, organizadora do evento, resalta a súa invitación a toda a xente da comarca e arredores "para que visiten a feira e gocen do comercio local, apoiando un sector vital na creación de emprego e riqueza para as vilas da zona e que como siempre necesita do apoio e o agarimo da xente para seguir ofrecendo actividades coma esta".

O proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, e conta coa colaboración de ABANCA e o Concello de Cangas.