Catoira está a vivir dende o pasado día 2 a súa semana adicada á Romaría Vikinga, Festa Declarada de Interese Turístico Internacional, e que este ano acada a súa 62ª Edición. Previammente ao Desembarco nas Torres do Oeste deste domingo día 7, a programación contempla múltiples actividades nas que o teatro e a música na rúa están a ser os grandes protagonistas.

Tanxugueiras, Sacha na Horta, Vacalouras e Heredeiros da Crus, propostas do cartel do Festival Vikisons

Ao marxe das tradicionais representacións teatrais destes días e o festival Vikisons, veciños e visitantes están a disfrutan nesta semana de espectáculos de animación, dos cales aínda están por celebrar os propostos por Muu -hoxe ás 20.15 horas na Alameda do Concello -; Os Bregadiers -hoxe ás 21.15 horas-; e Upsala Medieval, mañá a partir das 19.00 horas.

Vikisons

A praia fluvial acollerá hoxe e mañá, a partir das 23.00 horas, unha nova edición do festival Vikisons. Desta volta os presentes vibrarán coas propostas de Tanxugueiras, a Batucada Os Vikingos, Sacha na Horta -esta noite.

Presentación do certame, con Nava Castro, Ivan Caamaño e o alcalde Alberto García FDV

Na xornada de mañá será a quenda de Vacalouras e o agardado concerto de Heredeiros da Crus.

Desembarco

Será este domingo día 7 cando se vivirá a intensa actividade do Desembarco Vikingo. Haberá pasarrúas dende as 10.00 horas, unha gran mexillonada gratuita con viño tinto do Ulla, a partir das 11.00, e a agardada dramatización da batalla dos nórdicos, que poñerán pé a terra arredor das 13.00 horas, xusto antes de que se organice o almorzo campestre.