Éxito sen precedentes do EDM A Estrada

O equipo feminino do Aenor EDM Baloncesto A Estrada conseguía o ascenso á Primeida División remontando a eliminatoria decisiva fronte ao Esclavas de A Coruña. Pola súa banda, a sección masculina cumplía o seu obxetivo e o ano que ven disputarán a Liga EBA.

Encontro disputado no Coto Ferreiro. BERNABE/ANA AGRA

Salvación para o Inversia A Estrada Futsal

O equipo dirixido por Oscarín selaban a permanencia en Segunda B na derradeira xornada. A pesares de caer na pista do Ventorrillo no último partido da tempada, o resto de resultados beneficiou os intereses do clube estradense.

O ciclista estradense Alex Marque. FdV

Os últimos quilómetros de Marque

17 anos despois do seu debut.O ciclista estradense está a vivir a que será a súa derradeira tempada como ciclista profesional, e farao da man do Atum General Tavira, equipo co que pasou gran parte da súa traxectoria profesional en Portugal. 

Jesús Pereiro, novo presidente do Bádminton A Estrada. FdV

Relevo na presidencia do CB Estrada

Rodrigo Sanjurjo anunciaba a súa marcha tras 20 anos, deixando un palmarés de 176 medallas en campionatos de España, 18 campións nacionais, tres quintos postos europeos, varios campións de España por equipos, ou a clasificación dunha deportista para os Juegos Olímpicos de la Juventud