O cartel das festas de San Paio 2022 ofrece alternativas musicais para todos os gustos. Baiuca, Xoel López, Henry Méndez e Treixadura -que presentará na Estrada o seu novo disco Camiño Longo-, compartirán protagonismo con artistas e agrupacións locais. Charangas, batucadas, concertos infantís e as agardadas verbenas completarán a oferta. Panorama, Cinema, Galilea ou El Combo Dominicano son catro das orquestras de primeiro nivel en Galicia, e non faltarán á súa cita coa Estrada.

O grupo Treixadura actuará o venres 24 na Praza do Concello. Treixadura

Xoel López será un dos grandes atractivos destas festas, un dos artistas máis solventes e representativos da escea independiente iberoamericana. Con máis de 20 anos de traxectoria musical, Xoel comezaba a súa carreira na coruñesa Elephant Band, para dar ao salto á mítica Deluxe, ata ser recoñecido como Mejor Artista Nacional en los Premios de la Música Independiente de 2013. “Si mi rayo te alcanzara”, o álbum número 15 da súa carreira, chegará o vindeiro 27 de novembro.

Despois de dous anos de restriccións por mor da pandemia, por fin poderemos disfrutar de novo dos mellores concertos en vivo, e na Estrada, durante esta longa fin de semana, haberá para escoller.