A firma estradense Habita Soluciones y Servicios S.L. sostén os seus piares fundamentais nun crecemento baseado na calidade nos procesos de xestión, a transparencia e a confianza no traballo ben feito. Especialistas na atención ao cliente e no coidado dos procesos en calquera ámbito de xestión, principalmente no sector inmobiliario, conta con profesionais experimentados que defenden a seriedade e o dinamismo no seu traballo, para así ofrecer un servizo integral de asesoramento co que acadar acordos que satisfagan a todas as partes intervintes no negocio.

No eido inmobiliario, Habita selecciona inmobles estudando e personalizando cada oferta, asesorando ao propietario e ao cliente comprador, coa solución máis óptima e eficiente a súa demanda. 

Dentro do servizo 360º que ofrece Habita Servicios y Soluciones S.L. tamén está o conseguir as mellores condicións financeiras para os seus clientes. Deste xeito, ofrecen un servizo de asesoramento financeiro e de xestión en calquera entidade do mercado.

Dende o pasado 2020, o protocolo de traballo de Habita Inmobiliaria está certificado por AENOR mediante a ISO 9001, converténdose así nunha das poucas inmobiliarias que dispón de un sistema de calidade certificado pola empresa auditora máis relevante a nivel mundial.

A axencia de seguros exclusiva de Helvetia Seguros, Inversia Insurance S.L., comparte instalación, dirección e criterio empresarial con Habita. Trátase de unha empresa especialista na protección dos seus clientes, aos cales lles ofrecen a posibilidade de facer unha xestión eficiente das súas pólizas de seguros. Inversia Seguros dispón do mellor equipo de profesionais no sector asegurador, cunha aposta clara pola calidade e a seriedade. Un equipo xove e dinámico e con unha traxectoria de máis de 20 anos, que prioriza a atención ao cliente e o asesoramento personalizado como valor engadido da súa xestión.

A dirección mantén un forte compromiso co deporte, a cultura e a gastronomía local. P.Figueiras

Compromiso co deporte, a cultura e a gastronomía local

Fieis defensores da cooperación e o traballo en equipo, a aportación de Habita e Inversia Seguros, da man de Helvetia Seguros, ás actividades sociais que se promoven no Concello de A Estrada son numerosas. Patrocinios, promocións e cooperacións con asociacións e entidades públicas e privadas axudan a manter o benestar social do seu entorno.

Patrocinios como os do CD Estradense, a Peña Ciclista Bikestrada, Club Ciclista Estradense, Escuela Estradense de Fútbol Base, A Estrada Pádel, a Subida a A Estrada, a pilotos de automovilismo locais, o ciclo de concertos Solpores no Lagoeiro, a Festa da Sidra e a asociación de productores locais... A elo súmase o patrocinio principal dende hai máis de 9 anos a A Estrada Futsal, así como a colaboración con moitas outras asociacións, clubes e grupos sociais. Tamén mantén acordos coa Sociedade Cabalar de A Estrada, e neste 2022 serán a aseguradora oficial da Rapa das Bestas de Sabucedo, sendo esta a súa aposta máis ambiciosa na difusión da súa marca.