O Centro Comercial A Barca de Poio continúa coa súa programación dentro de “Ecoimaginación”, unha campaña de concienciación sobre o bo uso dos recursos naturais e o fomento da reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Despois do éxito colleitado no espectáculo de teatro e danza “O Asteroide de Papel” o pasado venres, obra inspirada en "O Principiño" e que fala da conciencia ecolóxica sobre o uso do papel e a necesidade de reducir, reciclar e reutilizar o papel, a través de coloridas coreografías con obxectos feitos con papel, cartón ou cartulina.

Para maña pola tarde está previsto “Recíclate”, de 19.00 a 19.45 horas, un espectáculo de concienciación onde nenos e nenas aprenderán dun xeito divertido como facer unha xestión de residuos de xeito responsable. A doutora Arancha, coa axuda do paiaso Lolo e as súas tolerías, axudará aos presentes a reciclar e separar correctamente os residuos cuns consellos moi doados ao alcance de todos e todas.

Tamén na xornada de mañá haberá firmas do cómic de Adrián Morgade Valcárcel, autor de Xinfu Múxel Attacks. Morgade naceu en Pontevedra en 1990. Estudou na escola de arte da Coruña e realizou diversos cursos de ilustración.

En Xerais, é autor das bandas deseñadas «Xinfu na maldición guauchuky» (2017) e «Xinfu. Múxel Attacks» (2022). Tamén deseñou e ilustrou as biografías musicais «Los Suaves. Mi casa es el rock 'n' roll» (2014) e «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba» (2018).

As actuacións están dirixidas principalmente aos máis cativos. Cedida

Actualmente traballa en varios proxectos de ilustración, e ofrece toda a información nosseus prefís en redes sociais -facebook @therealxinfu ou instagram @admorgade.

O vindeiro 28 de xuño, entre as 19.00 e as 20.00 horas, terá lugar o obradoiro de papiroflexia “Xogar con papel”. Constará de dúas sesións de aproximadamente 40 minutos cada unha. Destinado a un grupo de 10-15 nenos por sesión, os presentes aprenderán como facer diferentes elementos a partir dun papel cadrado, como unha coroa de papel, un parrulo, un raposo, un barco, unha paxariña, un comecocos ou mesmo unha mesa papel que, ademáis poderán levar para as súas casas.

Despois, e a partir dun papel rectangular aprenderán a facer unha rá saltarina e un avión de acrobacias. O obradoiro rematará cunha carreira de rás saltarinas, unha voada de avións de papel e unha divertida batalla de bolas de papel. Para rematar esta programación do mes de xuño no Centro Comercial A Barca, o xoves 30 terá lugar o espectáculo “Pinga a Pinga”, que servirá para concienciar aos máis cativos no emprego responsable da auga. O doutor Fauchis, coa axuda de Lolo o paiaso, dará os mellores consellos para aforrar e non malgastar auga.

Nova etapa

O pasado mes de novembro botaba a andar o novo hipermercado de Vegalsa Eroski no Centro Comercial A Barca, aportando así optimismo ao resto de comerciantes da superficie, que dende o peche de Carrefour sufriran importantes baixadas nas súas ventas. Este novo supermercado aposta polo concepto de espazo para a compra polo que aposta a cadea, e que eles mesmos denominan ‘Contigo’, que se caracteriza tamén por ser responsable co entorno ambiental.

Inauguración do novo hipermercado nas instalacións da superficie comercial, o pasado mes de novembro. RAFA VAZQUEZ

Para elo instaláronse sistemas e equipamentos de frío con CO2 e gases non contaminantes, ademais de novos murais e vitrinas de frío que permitirán reducir os consumos enerxéticos. Tamén se renovaron as cámaras frigoríficas e aumentaron os almacéns para mellorar a eficiencia da cadea de frío e a xestión do produto. Grazas a estas medidas, e xunto coa automatización e monitorización das novas instalacións, poderán reducir ata un 35% o gasto no consumo enerxético. 

Ademáis, a tenda mantén o compromiso do resto de superficies da nova xeración de Vegalsa Eroski para minimizar os residuos, posto que ningún alimento retirado da venda pero apto para o consumo será desperdiciado, posto que será doado a organizacións solidarias a través do programa “Desperdicio Cero”.