O IES Johan Carballeira ofrece unha oferta formativa variada para atender a todas as necesidades do alumnado: dende ESO e Bacharelato ata Ciclos Formativos (FP Básica, Ciclos Medios e Ciclos Superiores), Educación Secundaria para Adultos e Bacharelato para adultos.

Traballan a integración total dos estudantes. O alumnado fórmase en igualdade, traballa as emocións, os valores, perfecciona as linguas, humanidades, ciencia e prepara o acceso ao mundo laboral.

Todas estas características converten ao IES Johan Carballeira nun centro aberto á realidade social e económica da contorna, que ademáis colabora con moitas asociacións e entidades do seu entorno próximo.

Proxecto Art for change

Un exemplo é Art for change, un proxecto interdisciplinar solidario e colaborativo no que participa todo o centro, e colaboran o resto de centros educativos de Bueu, o Concello e diversas asociacións da zona.

Como apuntan eles mesmos: “Sacamos á rúa todo o traballo que se está facendo no Instituto ao longo do curso”.

Ten como finalidade recadar fondos e apoiar a entidades culturais e artísticas que queren desenvolver proxectos co obxectivo de favorecer os procesos de transformación social a través da arte e da cultura.

As opcións para poder facelo son variadas, van dende actuacións musicais, representacións teatrais, postos de arte ou de ciencia, ata obradoiros de danza, de música ou de gastronomía mariñeira.

No IES Johan Carballeira tamén participan en programas europeos. Dende o propio centro contan que “temos a posibilidade de que o noso alumnado de FP poida ter a oportunidade de facer prácticas noutros países da Unión Europea e estamos traballando en novos proxectos para o alumnado de ESO e Bacharelato”.

Un dos laboratorios do centro. Cedida

Non podemos rematar sen resaltar a súa oferta de educación para adultos, que atende a unha das súas máximas como centro educativo: “A importancia de seguir medrando, como persoa e en coñecementos; o valor de retomar os estudos e as oportunidades que isto che dá para o futuro”

Sen distinción entre ciencia e humanidades

O IES Johan Carballeira continúa en constante crecemento para dar resposta ás necesidades do seu alumnado, que pode cursar dende Secundaria ata Bacherelato e Formación Profesional nas familias de Administración, Fabricación Mecánica, Imaxe Persoal e Marítimopesqueira.

Neste centro de Bueu todos poden elixir quen queren ser. De feito, foron galardonados co I Premio “Escola sen armarios, libre de LGTBIfobia”.

Pero non é o único punto onde prima a liberdade, pois tamén ofrece todo tipo de actividades complementarias nas que o alumnado pode participar.

O centro conta co programa PROA+ para axudar a todo aquel alumnado que ten algún tipo de dificultade para conseguir bos resultados académicos. O instituto tamén destaca por ofrecer un Bacherelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía, no que o seu alumnado ten a oportunidade de ter un primeiro contacto co mundo universitario, nun proxecto desenvolvido en colaboración coa Universidade de Vigo.

O que está claro é que “elixir quen queres ser” é unha ensinanza eficaz, porque no IES Johan Carballeira tiveron un 100% de aprobados nas ABAU o curso pasado