A Festa do Salmón regresa á Estrada co seu formato habitual despois de dous anos de parón por mor da pandemia, acadando así a súia 48ª edición. A festa, de Interés Turístico Galego, contará co pregón do polifacético Cándido Pazos. Dentro dos actos oficiais, serán distinguidos co Salmón de Ouro o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 e o Centro de Saúde da Estrada, “para poñer en valor o seu labor durante estes dous anos de pandemia”, manifestaba o día da presentación o edil estradense Juan Constenla. Durante as xornadas de hoxe e mañá os actos estarán centrados no roteiro de tapas que ofrecen os diferentes establecementos da localidad. O domingo será o día grande da cita gastronómica coa degustación na Praza do Novo Mercado, despois dos actros oficiais no Teatro Principal.

A principal novidade da edición deste ano será o festival Salmón Rock, organizado pola Academia Musikenos, e que terá lugar a noite do sábado 14, a partires das 21.00 horas na Alameda. A xornada de mañá acollerá tamén, dende as 8.00 horas, o Raid Hípico do Salmón, que por primeira vez terá un carácter internacional. Xa pola tarde terá lugar o VII Rafting do Ulla, que sairá ás 16.00 horas do Couto de Ximonde.

José Antonio Gallego, natural de Cangas, posando co campanu. BERNABE/JAVIER LALIN

Campanu

Houbo que agardar un total de sete días dende o comezo da tempada para que o primeiro salmón do ano fose capturado no río Ulla. O afortunado foi José Antonio Gallego, natural de Cangas. O campanu, cun peso de 4,3 kilos, foi pescado no Coto de Ximonde, nas primeiras quendas do Concurso Internacional de Pesca do Salmón organizado pola sociedade Río Ulla.