A Feira Celta de Vilagarcía celébrase do 20 ao 23 de maio, nos días frandes das Festas de Santa Rita, e terá lugar no parque da Xunqueira.

O venres 20, Vilagarcía de Arousa viaxará á época dos celtas, e quedará aí durante toda a fin de semana. Na Feira haberá mercado, música, zona de xogos tradicionais... ata chegar a un total de 50 postos de artesanía, alimentación e decoración celta.

Música, actividades e ata vodas... cun toque tradicional

O ambiente correrá a cargo de distintos grupos de música con toques celtas, como As Searas ou Son de Lugh, unha agrupación inspirada no mundo castrexo. Aínda que o evento máis orixinal e que máis chama a atención de todos os que se achegan a esta Feira Celta son as vodas que terán lugar o sábado as 22h. Ceremonias de matrimonio celta oficiadas nin máis nin menos que por un druida, que unirá en casamento tradicional a todas as parellas que se anoten enviando os datos aos seguintes mails: xemacomunicacion@mundo-r.com ou, no seu defecto, a xemacomunicacion@gmail.com.

Espérase recuperar o ambiante de 2019 Xema Comunicación

Se isto non era suficiente, o domingo chega Morrigan, a deidade celta da guerra, que apresará aos máis cativos e os levará de paseo no seu carro. Pero non teñades medo, xa que Morrigan tamén representa a cración da nova vida, así que os paseará pola Feira ao longo do día.

Vodas celtas oficiadas por druidas e un gran mercado con produto de calidade

Para eles haberá tamén un rincón infantil, con xogos tradicionais, e levado a cargo de Xoaniña Xogos, que explicará e acompañará aos nenos dende o sábado ata o luns.

En canto os postos do mercado, o produto de claidade será o rei no campo da alimetnación: aceite de oliva, mel, pimentón, garrapiñadas, queixos artesáns... e tamén infusións, especias, unha zona dedicada á tetería, e cervezas artesás.

En canto aos postos dedicados á artesanía, teremos babuchas, minerais, inciensos, ambientadores e xoiería de prata, además de roupa da India e figuriñas de personaxes históricas e títeres.

Se queres descrubrir todo o que garda a Feira Celta, podes achegarte a partires do día 20, e buscar información na súa páxina de facebook.