A aposta da Cervexería Eureka para esta edición deste ano da cita gastronómica pasa por un Salmón á ameixa, con salsa porro, berberechos, e ameixas, unha combinación exquisita que fará as delicias dos padais máis esixentes. Eureka participa no roteiro de tapas do Salmón durante a xornada de hoxe, venres. A maiores da variada oferta gastronómica deste local estradense, nas suas instalacións conta co parque infantil Eureka Park, onde os máis pequenos poderán pasar unha tarde de troula mentres os adultos disfrutan de exquisitas racións e tapas. Ademáis, este divertido espazo infantil está pensado para festexar todo tipo de eventos, festas infantís ou de cumpreanos durante todo o ano. Pizzas, hamburguesas ou bocadillos completan a súa carta, que conta ademáis cunha ampla variedade de cervexas, tanto nacionais como de importación, e todo elo nun ambente familiar e agradable, sendo un dos referentes da hostalaría estradense.

 Máis info: Avda. Benito Vigo 10, 36681 A Estrada | Tel. 986573962 Email: p.eureka@live.com