Fariña chega de novo a Vigo con Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos.

O Teatro Afundación acollerá a representación da obra dirixida por Tito Asorey os días 14 e 15 de maio con tres funcións programadas. Ao longo da hora e media que dura, 'Fariña' non deixa que o espectador se acomode na butaca.

Unha montaxe que acumula case 200 funcións e máis de 65.000 espectadores por toda España e que recibiu ademais o respaldo da crítica. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da nosa historia, desde un punto de vista único. A música, o humor, a tradición e o respecto aos feitos acontecidos mestúranse nesta viaxe no tempo que incita á reflexión do espectador ao saír do teatro.

O espectáculo teatral de Fariña conta con éxito nacional Ainé Producións

Nesta nova aventura por Galicia, Fariña continúa a súa boa relación co público, enchendo case todas as funcións e atraendo preto de 14.000 espectadores desde o regreso esta primavera. O elenco encabezado por Xosé A. Touriñan baléirase cada semana nun espectáculo que desde o primeiro momento conseguíu unha conexión especial co público galego, xa que Fariña iniciou a súa xira en Galicia, no 2019.

A irrupción do COVID paralizou este tour, que se retomou en Madrid en setembro do 2020, formando parte da programación das Naves del Español de Matadero Madrid e permanecendo logo en cartel do Teatro Alcázar case seis meses.

Últimas plazas

Compra tus entradas


14,15 de Maio en Vigo | 28 de Maio en Cangas
Comprar

En agosto de 2021, Fariña iniciou unha nova etapa no Teatro Jovellanos de Xixón. Deste xeito, o espectáculo percorreu gran parte da xeografía española con representacións en Madrid, Navarra, País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Castela e León. O pasado xaneiro, o espectáculo participou no primeiro acto do Festival de Teatro de Málaga, que celebra este ano a súa 39ª edición.

E por fin, neste 2022, Fariña comezou en Santiago de Compostela unha nova xira por Galicia que percorrerá as principais vilas e cidades galegas, entre as que Vigo ocupa un lugar especial os próximos días 14 e 15 de maio.