Embutidos Lalinense é un dos referentes no sector cárnico de Galicia. Así o demostra a traxectoria desta empresa familiar fundada en 1949, e patrocinadora oficial da Feira do Cocido de Lalín.

Asentada en Agruchave (Lalín), destaca na produción de todo tipo de produtos relacionados co Cocido. Un dos produtos estrela da marca, ademais das cacheiras, é o lacón curado Duroc, que se caracteriza por ter a pezuña negra que testemuña que procede dun porco 100% raza Duroc, a única raza que está permitida no cruzamento coa ibérica. Este lacón presenta unhas propiedades nutricionais de alto valor, ademais do seu aroma, textura e color que fan que sexa moito máis tenro, con máis graxa infiltrada o que lle confire un sabor extraordinario. A empresa Lalinense é a única que comercializa este lacón en Galicia, xunto cos laconcitos Duroc Batallé, tanto curados como cocidos.

Unha peza de lacón Duroc de Embutidos Lalinense. Embutidos Lalinense

Coa marca Amancio comercializa un xamón Gran Reserva, con contido reducido en sal, curado en bodegas naturais, sen acelerados mecánicos, con máis de 26 meses de curación.

Tradición, investigación e innovación alíanse para ofrecer un catálogo con produtos máis saudables, sin alérxenos, ou conservantes, como o chourizo extra, ou as conservas de cocido e lacón con grelos, pioneiras no seu momento no mercado galego.

Embutidos Lalinense recibía hai 3 anos o premio a Lo mejor de 2019, na categoría del comer, un recoñecemento outorgado polos lectores da revista gastronómica La Alacena Roja. Un premio ao bo facer desta empresa de Lalín que sabe conxugar a tradición cunha aposta pola investigación e desenvolvemento de produtos innovadores.

Os seus produtos poden atoparse tanto en cadeas de alimentación como en carnicerías, charcuterías e pequenas tendas principalmente de toda Galicia, pero tamén noutras partes do estado como Madrid, Catalunya, País Vasco, etc

Desde a súa tenda online www.embutidoslalinense.com sirven a toda Europa, con gastos de envío reducidos.