Hidramaq Deza presta servizos profesionais de taller de reparación hidráulica e mecánica, venda, instalación e reparación de todo tipo de grúas, fabricación e reforma de carrocerías, remolques e semirremolques, e instalación e a verificación de todo tipo de tacógrafos, tanto dixitais como analóxicos.

Ofrece Servizo Oficial Renault Trucks e ademáis é distribuidor exclusivo para Galicia das grúas forestais Palfinger Epsilon, unha das mellor valoradas do mercado a nivel internacional.

Se por algo se caracteriza Hidramaq Deza é pola profesionalidade e seriedade da súa plantilla. A firma ofrece as máximas garantías no mantemento e reparación de todo tipo de vehículos, unha actividade na que leva especializada máis de vinte anos, e sempre mantendo unha firme aposta pola diversificación de prestacións, tratando de ampliar constantemente o seu servizo.

A sede central de Hidramaq Deza atópase no Polígono Industrial Lalín 2000, e contan cunha delegación no Polígono Costa Vella de Santiago de Compostela.