O Concello de Cuntis recupera un dos certames culinarios con maior sona da localidade. Desta volta, e baixo o nome de “De tapeo por Cuntis”, veciños e visitantes poderán disfrutar de varias xornadas gastronómicas nas que ata un total de oito establecementos da vila ofrecerán as súas elaboracións, de xeito totalmente gratuíto, con cada consumición.

Cultura, gastronomía e música, únense esta fin de semana en Cuntis para ofrecer ao visitante unha alternativa que, de bo seguro, deixará un bo sabor de boca

Despois de reunirse cos profesionais do sector, o goberno e a hostalaría local unen forzas para sacar adiante accións conxuntas que contribúen a dinamizar o sector e que facilitan a integración da hostalaría local cos turistas que se acheguen ata Cuntis na previa da tempada alta. O fío condutor desta iniciativa é a creatividade profesionais para deseñar unha tapa atractiva, mentres que o Concello encargarase da dinamización nas rúas e prazas con sendas actuacións musicais.

Dende o Concello agradecen a implicación do sector para ofrecer este novo producto co que gozar da gastronomía local en formato tapa.

Os protagonistas da sabrosa iniciativa

O evento terá lugar os días 22, 23 e 24 de abril, e haberá unha segunda fin de semana programada para a fin de semana do 20, 21 e 22 de maio. Os venres e sábados, as tapas serán ofrecidas en horario de 19.00 a 23.00 horas, e od domingos de 12.00 a 15.00 horas. Os locais participantes desta saborosa iniciativa son A Bolera, A Fontiña, A Tenda da Ponte, Chistoso, El Patio Andaluz, O Paseo, O Parladoiro e O Traspaso, que ofrecerán as súas exclusivas tapas durante toda a fin de semana nos horarios comentados. 

Sorteos e actuacións

Ademáis, haberá agasallos e spremios a sortear con cada tapa. Concretamente sortearanse 24 libros, 24 botellas de viño, 5 pases para o balneario Termas de Cuntis, e 5 abonos dobres para o Fesitval Revolta do Umia. Pola súa banda, a nota musical virá da man de grupo folclórico Hai que Roelo, que percorrerá as rúas e prazas todos os días. O sábado pola tarde actuará Pinchadiscos Revolta do Umia Festival. O mesmo sábado 23 a partir das 12.30 horas, a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres do municipio de Cuntis, acollerá a presentación da obra ‘De Roncesvalles a Santiago de Compostela: un escultor en el Camino’, un traballo realizado polo artista Maxín Xulio Picallo Durán, un escultor nado en Troáns, a parroquia cuntense. No acto estarán presentes a filóloga Maka Arca Camba; o prologuista Xesús Antonio Gulías Lamas; o escultor, natural de Barro, Francisco Remiseiro; o xornalista Fernando Salgado; e o alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos Velay.

Cultura, gastronomía e música, únense esta fin de semana en Cuntis para ofrecer ao visitante unha alternativa que, de bo seguro, deixará un bo sabor de boca.