Todo un referente da Educación Profesional na cidade de Vigo, o centro especializado na impartición de ciclos formativos de Formación Profesional CIFP Manuel Antonio destaca pola súa ampla experiencia en ensinanzas de FP, cunha formación moderna a altura das necesidades dos profesionais do futuro.

Un referente na educación da cidade, con máis dun 75% de inserción laboral

Distínguese tamén polo contacto directo coas empresas da zona, unha ampla oferta formativa e a aposta pola innovación e o emprendemento, con xornadas anuais a este respecto. 

Cursos AFD 2022 Vigo (Accións Formativas para Desempregados)

Estrena o ano con catro Cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados), a través dos que imparten formación práctica a persoas en situación de desemprego.

Aposta polo teu futuro co CIFP Manuel Antonio: “Fai equipo con nós”

Deste xeito e un ano máis, parafrasea o seu eslogan para invitar a todos aqueles que queiran apostar polo seu futuro a confiar na súa aposta educativa: “Fai equipo con nós”.

A inscripción de todos os cursos pode levarse a cabo nas oficinas de emprego.

Curso AFD de Servizos de Bar e Cafetería. Inscripción 2022 nas oficinas de emprego Cedida

HOTR0508 - SERVIZOS DE BAR E CAFETARÍA

  • Selección de candidatos/as: 21 febreiro 2022, ás 10:30 h no CIFP Manuel Antonio
  • Inicio de curso: 7 de marzo 2022
  • Final de curso: 19 setembro 2022
  • 658 h. de formación + 80 h. prácticas empresas. 


Curso AFD de Transporte Sanitario. Inscripción 2022 nas oficinas de emprego SHUTTERSTOCK

SANT0208 - TRANSPORTE SANITARIO

  • Selección de candidatos/as: 10 febreiro, ás 15:00 h no CIFP Manuel Antonio
  • Inicio de curso: 15 febreiro 2022
  • Final de curso: 6 xullo 2022
  • 578 h. de formación + 160 h. prácticas empresas


Curso AFD de Panadería e Bolaría. Inscripción 2022 nas oficinas de emprego Cedida

INAF0108 - PANADARÍA E BOLARÍA

  • Selección de candidatos/as: 16 febreiro 2022, ás 11.30 h no CIFP Manuel Antonio
  • Inicio de curso: 3 marzo 2022
  • Final de curso: 26 xullo 2022
  • 548 h. de formación + 80 h. prácticas empresas


Curso AFD de Cociña. Inscripción 2022 nas oficinas de emprego Cedida

HOTR0408 – COCIÑA

  • Selección de candidatos/as: 19 de febreiro 2022, ás 17:00 no CIFP Manuel Antonio
  • Inicio de curso: 3 marzo 2022
  • Final de curso: 13 outubro 2022
  • 828 h. de formación + 80 h. prácticas empresas


Instalacións

O centro conta con talleres prácticos dotados con recursos para a mellor formación do alumnado e que se asemellen ao que se van a encontrar na empresa, ademais de con aulas teóricas dotadas para a mellor formación.

Profesorado

Destaca polo seu profesorado especializado, cunha plantilla xoven e con moita motivación para ensinar e para continuar formándose 

Inserción laboral

Conta cunha alta inserción laboral unha vez que o alumnado remata os seus estudos, que está en torno ao 75%, e que, no caso dos ciclos de FP DUAL, chega ao 85%.

Contacto continuo coas empresas

Unha das características da FP e o contacto continuo coas empresas a través dos titores do centro que lles permite coñecer de primeira man as necesidades dos sectores productivos e ter unha adaptabilidade rápida aos cambios.

Bolsa de emprego

O CIFP Manuel Antonio conta cunha Bolsa de Emprego a través da web do centro onde contactan demandantes de emprego, maioritariamente exalumnos e empresas relacionadas coa oferta formativa de ciclos.

Ubicación

Ubicado na zona do Meixoeiro, o CIFP Manuel Antonio presume de boa accesibilidade en autobús, con parada ao seu carón, que comunica co centro de Vigo e as liñas de autobús dos Concellos limítrofes. Na mesma liña, conta con aparcamento para alumnado de coches e motos.

Para saber máis:

Para saber máis, preme aquí.

886120750/ 886120776

CIFP Manuel Antonio: “Fai equipo con nós” Cedida