A veciñanza das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes saíron á rúa para reivindicar o idioma e homenaxear a Xela Arias, a poeta á que este ano se lle adicou o día das Letras Galegas.

A Alameda estradense recibíu ao escritor Antonio García Teijeiro como pregoeiro dos actos de homenaxe. O autor vigués, recordou no seu discurso a necesidade de reivindicar o idioma e de conseguir que o galego se normalice naqueles eidos nos que aínda está desprazado. Tamén lembrou a súa experiencia de castelánfalante e como el mesmo decidiu mudar de lingua e escolleu o galego como o idioma máis identitario. No seu discurso, que rematou con verbas de Celso Emilio Ferreiro, non faltaron eloxios á figura de Xela Arias.

No caso de Lalín, a quinta edición do Serán das Letras, cuxo emprazamento orixinal era a Carballeira de Rodo, tivo que trasladarse por mor da chuvia, e tamén encheu de música e ambiente festivo o municipio dezano. O acto presentouno o poeta e contacontos lalinense Celso Fernández Sanmartín.