A cidade olívica é innovadora e intelixente, unha auténtica smart city, e o servizo de limpeza do Concello de Vigo non se queda atrás nesa senda de innovación constante á hora de ofrecer o mellor servizo na recollida de residuos. Para acadalo, apostan por unha limpeza sostible e 4.0 a través do coñecido como sistema VisiOn. 

Este ollo virtual, conformado por apps móbiles e sensores intelixentes, permite que a empresa encargada da limpeza do concello mellore cada día a súa vocación de servizo na cidade. Funciona coma un modelo intelixente de xestión e trazado dos servizos ofrecidos que, entre outras funcionalidades, incorpora módulos específicos para a análise da sostibilidade e diminución da pegada de carbono.

Unha aposta que ofrece tamén inmediatez nos fluxos de información, permitindo unha visión en tempo real dos servizos e a mellora constante dos mesmos de xeito accesible, áxil e intelixente, facilitando ademais o traballo de operarios e capataces. 

Con visiOn, poden controlar e administrar as flotas en tempo real, centralizar todas as aplicacións dispoñibles ou xestionar a documentación. 

Por exemplo, a información engadida nun punto por un capataz é accesible inmediatamente para os equipos. Deste xeito e a través de información precisa e imaxes, evítanse chamadas, papeis, etc.

Tamén grazas a estas ferramentas, o persoal pode consultar os diferentes tipos de recollidas que teñen que realizar, ou resolver as posibles incidencias que se atopan durante a xornada de traballo diario. A isto hai que engadir os dispositivos de control de enchido dos contedores para a recollida selectiva. 

Entre as funcionalidades de VisiOn, trátanse de sensores implementados nos mesmos contedores para recoller e enviar periodicamente os datos de enchido, algo que permite coñecer o nivel de enchido e actuar de forma anticipada no día a día, e usar esas cifras a longo prazo para levar a cabo estudos de usos e costumes das diversas áreas, moi útil á hora de propoñer melloras de eficiencia nas rutas e frecuencias de recollida.

Con respecto á xestión da flota, visiOn tamén representa unha gran aliada. Ademais de rexistrar a posición de todos os vehículos, permite recoller calquera outro parámetro de interesa do servizo, o que permite contar cun elevado control da calidade do servizo que, unha vez máis, repercute nos cidadáns. O mesmo ocorre no caso da xestión de incidencias, moito mas rápida e eficiente, por un lado; e personalizada, polo outro.