Mellor aínda que unha cidade fermosa, é un planeta coidado. Na limpeza das rúas, coma en todo, importa o que, pero tamén importa o como. Por iso, dende a empresa encargada do servizo de limpeza de Vigo non só apostan por traballar por unha cidade “extraordinariamente limpa”, tal e como acreditan as múltiples Escobas de Platino que atesoura o concello olívico, senón por logralo de xeito cada vez máis silencioso, eficiente, seguro e respectuoso co medio ambiente. 

Boa proba deste compromiso é a flota de 110 vehículos de recollida coa que o equipo de limpeza do Concello de Vigo conta actualmente, dotados coas últimas innovacións tecnolóxicas, vehículos e maquinaria de carácter eléctrico e de Gas Natural Comprimido (GNC), con clasificación ‘Zero Emisións’ e equipados cos últimos adiantos técnicos como sistemas de control monitorizado para o baleirado dos contedores. Todos eles, cunha  antigüidade máxima de dez anos. 

Baldeadora GNC. José Lores

Apostas entre as que salientan os servizos de barrido mecánico con maquinaria nova eléctrica; o baldeo con maquinaria á última; o barrido mixto con barredora e sopladora eléctrica para a caída da folla; a limpeza en brigada con desbrozadora eléctrica; ou a recollida rural con URO-GNC, un vehículo especial de ancho reducido, accesible ós recunchos máis estreitos do rural vigués, que conta con motor de GNC de última xeración e que cobre as zonas de San Miguel, Matamá, Valladares e Cabral e Santa Cristina.

Este camión, que recolle todas ás mañás de luns a domingo todos os contedores de carga traseira no ámbito rural, atópase á vangarda do sector ao apuntarse á tendencia do gas e deixar atrás o gasóleo, que tende xa a desaparecer. O obxectivo é que os servizos prestados sexan o máis ecolóxicos posibles. Incorpora tamén un sistema específico de cara a garantir a seguridade dos operarios, que detecta cando están subidos nel para que non se poida circular a máis de 20 quilómetros por hora.

Camión URO-GNC de ancho reducido para zonas estreitas da cidade. José Lores

Outro dos grandes avances neste senso é o coñecido como camión de carga lateral, operado por un único traballador xa que o baleirado dos contedores realízase mediante un mando desde o interior da propia cabina. Amplos, cómodos e moi fáciles de manexar, estes camións contan cun botón roxo de parada de emerxencia por si houbera algún problema. 

Entre os servizos do equipo de limpeza do Concello de Vigo á vangarda do sector, atópase ademais o barrido mecánico, tamén en clave sostible grazas a maquinaria nova eléctrica. Un campo no que se emprega sistemas como a barredora de aspiración de beirarrúas, de ancho reducido e 100% eléctrica. Un vehículo que aporta calidade sen emisións de gases de escape nas áreas que usualmente presentan un elevado tránsito peonil.

Camión de carga lateral. José Lores

O mesmo para o servizo de baldeo, con maquinaria como a baldeadora GNC, cun sistema de propulsión híbrido GNC-Eléctrico de dimensións reducidas para actuar e ter a punto o Casco Vello.Está equipado con sistemas de insonorización que permiten realizar o traballo sen molestias para os cidadáns.

O coñecido como Porter, pola súa banda, é 100% eléctrico e utilízase para facer un repaso da limpeza nas rúas da zona vella. Tamén neste senso destacan a baldeadora de beirarrúas 100 % eléctrica de ancho reducido con zero emisións de gases de escape, e a barredora de carácter eléctrico, empregada durante o outono, cando se produce a caída da folla das árbores da cidade.

Barredora de carácter eléctrico. J.L

Desde FCC Medio Ambiente queren subliñar que esta aposta pola sustentabilidade, a eficiencia, a vangarda e a vocación de servizo ó cidadán non sería posible sen todo o equipo humano que existe detrás. Eles son quen fan que Vigo poida presumir entre os concellos máis limpos de España e a eles quere agradecerlles o seu compromiso e dedicación unha vez máis.