“Unha aposta de futuro, que no noso presente é ser a cidade máis limpa de España e a que máis e mellor recicla en Galicia”. 

Deste xeito define o rexedor da cidade, Abel Caballero, unha das grandes liñas de traballo municipais para seguir facendo de Vigo unha cidade fermosa, agradable e confortable tanto para os seus cidadáns coma os seus visitantes, máis aínda nestas datas tan especiais. 

Un compromiso con toda a cidadanía que segue a sumar iniciativas coma o novo servizo de recollida de residuos en Bouzas, en marcha dende este agosto para que o Centro Histórico luza como nunca. 

Mediante este renovado sistema, os operarios do servizo de limpeza retiran durante o día os contedores para volver a colocalos pola tarde, a partir das 20.30 horas. 

Ó redor das 2.00 horas da madrugada, pola súa banda, o servizo municipal procede a recollida do lixo e a retirar novamente os colectores. Deste xeito, a zona esperta sen lixo nin contedores á vista cada día, máis limpa, fermosa e ampla. 

Bouzas súmase ó Casco Vello de Vigo, que dende o pasado marzo érguese tamén cada mañá sen colectores nas súas rúas. Un espazo recuperado e rehabilitado, hoxe convertido nun lugar cheo de luz e vida, que o servizo de limpeza do Concello de Vigo segue a coidar e limpar con agarimo para ir aínda un pouco máis lonxe e pór a disposición dos cidadáns un Casco Histórico con espazos máis amplos, hixiénicos e confortables. 

Todos os días, entre as 19.00 e as 21.00 horas, un equipo de FCC volve a colocalos nos lugares de sempre para que os veciños poidan depositar o lixo ata as 23.00 horas. 

O servizo RAEEs recolle actualmente 20.000 quilos de residuos ó mes. J.L

O Servizo de recollida RAEEs cotiza ó alza en materia de reciclaxe

Mención especial merece o Servizo de recollida RAEEs (Residuos Aparatos Eléctricos e Electrónicos), que está a ter unha gran acollida entre a veciñanza, cada día máis concienciada coa importancia do coidado do medio ambiente, coa recollida de máis de 20.000 quilos ó mes destes produtos. 

Residuos cada vez máis abundantes e especialmente contaminantes, que, a través de este Servicio RAEEs, son recollidos de forma diferenciada para a súa posterior reciclaxe. 

Ti tamén podes contribuír ó cambio e marcar a diferenza cunha xestión adecuada dos teus residuos de carácter eléctrico e electrónico. 

Mediante o teléfono 986 485 683 ou o 010 podes solicitar a recollida destos restos calquera día de luns a venres en horario de 13:00 a 21:00 horas. 

O servizo, que emprega a dous operarios, un condutor e un peón en horario de tarde de luns a venres, fai uso dun vehículo con plataforma elevadora. Ademais, tamén saca partido da App VisiÓn con impresora portátil.

O Punto Limpo Móbil (PLM) suma e segue coa veciñanza coma aliada 

Rúas melloradas para unha cidade que tamén presume á vangarda da reciclaxe da man de ferramentas coma o Punto Limpo Móbil, que está a funcionar moi ben con 5.000 quilos de residuos recollidos ao mes, segundo os datos compartidos polo servizo de limpeza do Concello de Vigo e deseñado para complementar ó Punto Limpo Fixo, facilitando deste xeito a separación daqueles residuos do fogar que deben ter unha xestión diferenciada. 

A ferramenta da boa mostra do xeito no que a aposta polas novas tecnoloxías permite estar máis cerca da veciñanza e do coidado do medio ambiente, pois conta cunha APP móbil que rexistra inmediatamente ó cidadán e o refugallo que quere depositar.

Reflexo tamén do compromiso da cidade coa sustentabilidade xa que que funciona cun motor GNC de última xeración. Unha vez máis, o servizo de limpeza do Concello de Vigo aposta polo gas fronte ao gasóleo á hora de escoller a súa flota de vehículos.

O PLM traballa de luns a sábado en horario de mañá: 8.30 a 14.00 horas;e de tarde: 14.30 a 20.30.

 Os luns está no Berbés pola mañá; e na praza Eugenio Fadrique pola tarde; os martes: rúa León con Urzáiz e Coia, rúa Baiona con Redondela; os mércores: rúa Velázquez Moreno con Progreso e Bouzas, rúa Eduardo Cabello; os xoves: praza de Abastos de Teis e explanada Estadio Balaídos; os venres: rúa Subride, ao lado do parque infantil, e praza Elíptica con Fernando Conde. Finalmente, os sábados está en Mercado Travesas e rúa Teixugueiras. 

Só pode recibir residuos dos fogares de particulares e non poden levarse grandes trastos coma mobles, sofás ou colchóns. 

Finalmente, a cidade aspira ademais a liderar a reciclaxe de refugallos orgánicos grazas aos seus innovadores contedores marróns con apertura Pass Vigo. Unha iniciativa ideada para que os cidadáns poidan depositar de forma diferenciada restos e sobras como cáscaras de ovo, peles de froita ou restos de infusións, entre outros moitos, que cumpre xa dous anos. 

O seu fin é dar unha segunda vida a estes refugallos a través da creación dun abono natural de calidade, que se poida empregar tanto para agricultura como para xardinería. Para empregalos é imprescindible a Tarxeta PassVigo.