Cada vez está máis claro que a clave da educación non é só formal, que non importan únicamente as notas e as cifras. 

As escolas encárganse de formar ós cidadáns do futuro, e en centros como o Eduardo Pondal teñen moi presente a importancia de que o seu alumnado investigue, busque información rigorosa e solucións para os problemas da sociedade actual.

Por iso, levan a cabo unha serie de proxectos que seguirán intensificándose ao longo do ano que vén e nos que, na volta á clase despois das festas, seguirán traballando tanto docentes como alumnos e alumnas.

Conectar coa contorna do Morrazo

Algúns dos proxectos máis significativos do Eduardo Pondal están moi relacionados con Galicia e a comarca do Morrazo. Xa se sabe que hai que pensar de xeito local para actuar de xeito global. Todos os niveis educativos da escola participan no proxecto “Onte, hoxe e mañá no Morrazo”, coordinado pola Biblioteca do Centro.

O alumnado traballa nas distintas formas de intervir na contorna, segundo o nivel escolar no que se atopan, e atendendo aos diferentes retos que atoparán no futuro. Primeiro, a ecoloxía, aprendendo a coidar o medio ambiente a través de intervencións nas praias. Tamén a inclusividade en todos os aspectos sociais, fomentando a accesibilidade en colaboración co Concello de Cangas. Así como o feminismo, con programas de defensa da igualdade e recoñecemento da muller en colaboración con CIM (Centro de Información á Muller).

Con vistas a Europa

 O Eduardo Pondal é un colexio plurilingüe, e como escola UNESCO, participa en proxectos internacionais. 

Por exemplo, os encontros organizados pola XXIV International Meeting of Young Scientists of Associated Schools (Encontros de Xuventude Científica), que este ano ten como tema a diversidade Cultural.

O progreso social fai que ano tras ano esa diversidade forme parte das nosas vidas.

Deixando atrás un 2021 convulso, as miras cara 2022 están enfocadas á unión, o respecto e a harmonía.

E, con esas ideas de compromiso e concordia en mente, a escola Eduardo Pondal tamén participa en proxectos conxuntos con colexios de Grecia e Italia.

Os alumnos do Eduardo Pondal realizan actividades para coidar o medio ambiente. Cedida

Os retos dos anos futuros

O alumnado que estuda no Eduardo Pondal busca participar en proxectos que teñan una proxección máis aló do estrictamente escolar, realizando actividades que destacan pola diversidade e a atención aos diferentes talentos, para que cada neno ou nena descubra que é o que o fai irrepetible.

 Dende primaria ata secundaria, os estudantes participan en torneos de Oratoria, Galiciencia e actividades pioneiras, como é o caso daa Primeira Liga Maker Drone de Galicia. 

Desenvolver a intelixencia e o benestar emocional son fundamentais, sobre todo nun 2021 que revelou e confirmou o valor do coidado das relacións interpersoais; así como o poderdas novas tecnoloxías para a cooperación e o desenvolvemento social.

O colexio Eduardo Pondal é un centro E -Dixgal , por iso a dixitalización é parte fundamental da aprendizaxe dos nenos e nenas de todos os cursos.