Mercar no comercio local sempre compensa, e máis grazas a iniciativas como as levadas a cabo polo Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que puxo en marcha un ano máis a campaña de Nadal de Emgrobes. Cercanía, atención persoalizada, artigos exclusivos, xenera riqueza e emprego no pobo, e ademáis, como usuarios, podemos beneficiarnos de grandes premios.

Do mesmo xeito que acontecera en 2020, a iniciativa deste ano consta de dous sorteos. Un de vales compra (compartido con todo o Comercio do Salnés), e outro propio de material escolar para nenos e nenas. O primeiro será ata o día 6 de xaneiro incluído, e constará dun sorteo que ten destinados1.500 euros e un premio de 1.100€euros entre todo o Salnés, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do C.C.A. que merquen nos establecementos participantes durante estas datas.

Para este sorteo empregarase o método tradicional de cubrir os datos nos boletos e introducilos nunha urna para logo, entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar aos gañadores nun sorteo realizado o día 12 de xaneiro do 2022.

Os importes dos vales de compra do C.C.A De Tendas que se van sortear este ano serán: 1 premio de 300 euros, 2 premios de 200 euros e 8 de 100 euros.

Outra boa nova para estas festas, é que o Consorcio sorteará un premio de 1.100 euros en vales compra entre todos os clientes de Comercio do Salnés que participaran nesta campaña de Nadal mercando no comercio local.

Material escolar

Por outra banda está o sorteo dirixido aos máis pequenos. Para participar, so teñen que escribir a súa carta a Papá Noel, e introducila nos buzóns dos comercios participantes. O sorteo premiará con 15 lotes de material escolar valorados en 500 euros. A propia asociación Emgrobes foi a encargada de elaborar as cartas e os buzóns para que os cativos so teñan que plasmar a súa ilusión nas cartas.

Agasallos e festa Fin de Ano

A campaña deste 2021 estará acompañada de agasallos típicos de nadal que entregarán as tendas aos seus clientes. Non faltarán as actividades na rúa, coa visita de Papá Noel polas rúas comerciais o día 23 de decembro. Na xornada de fin de ano, pola mañán, tamén hai prevista unha festa con música e inchables, e pre-badaladas na praza do Corgo, que dependerá do tempo e da situación sanitaria en O Grove.

Emgrobes aposta firmemente por esta acción con diferentes materiais promocionais, como cartelería, boletos, bolsas, caramelos, calendarios, así como diferentes publicidades en prensa, megafonía, redes sociais , páxinas web etc….Todo elo para animar a veciños e veciñas a facer as súas compras no comercio local, xa que unha vez máis, as compras no Centro Comercial Aberto De Tendas de O Grove, terán premio.