JVA Ferretería - Suministros Industriales Deza comezaba a súa andadura hai xa máis de seis anos. Ao longo de todo este tempo a firma soubo adaptarse ás necesidades e exixencias dos seus clientes. Dende hai un par de anos incorporaron con éxito a comercialización de sacos de pellets de alta calidade ao mellor prezo do mercado, ofrecendo ademáis servizo a domicilio para a súa distribución. A esto súmase tamén a venda e distribución de estufas e caldeiras da marca Bronpi, unha das máis recoñecidas no sector da calefacción. Ademáis, JVA Ferretería - Suministros Industriales Deza dispón de todo o relacionado con ferretería e suministro industrial, dando un servizo integral tanto a particulares como a empresas. Conta con tenda e almacén no número 53 da Avenida das Cruces, en Lalín.

Máis info: Av. Cruces 53, Lalín; 686563011 /619356027