O Lalín D-Fest chega este sábado á capital dezá co apoio económico da Xunta a través da convocatoria extraordinaria de subvencións a espectáculos musicais, como parte da programación do Xacobeo 21-22. Delap orte, Delafé, Verto, Ale e Rapariga DJ conforman o cartel dun certame organizado polo lalinense Carlos Montilla, de I-Radia Crea. No acto de presentación do festival estiveron presentes o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, o propio Montilla, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, quen quixo aproveitar a oportunidade para agradecer o esforzo dos organizadores. Como explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Lalín D-Fest é un dos festivais subvencionados a raíz da nova convocatoria de axudas para espectáculos musicais do Xacobeo 21-22, a través da que se distribúen 850.000 euros entre 17 ciclos e eventos que suman arredor de 100 actuacións, tanto de artistas e grupos galegos como da escena nacional e internacional.

Lalín D´Fest abre a fin de semana adicada á LIII Feira do Cocido Cedida

Trátase dunha cita que reunirá a importantes artistas do panorama musical galego e outras bandas. Deste xeito, contará coa actuación de Verto, -o dúo compostelán presentará os temas do seu novo disco titulado “Embora”, autoeditado en abril deste ano, no que navegan por sons pop oitenteros, a música disco ou o funk dos 70 e 80 mesturado co trap e a electrónica-, e de Ale, un artista que formou parte de Los Árboles e que agora ofrece un espectáculo en solitario. Completan o cartel Delaporte -que presentará os temas do seu novo álbum“La Montaña”-, Delafé e Rapariga DJ.

Lalín D´Fest abre a fin de semana adicada á LIII Feira do Cocido

Lalín D´Fest abre a fin de semana adicada á LIII Feira do Cocido Cedida

O formato do festival dividirase en dous turnos, cunha clara intención: “procuramos un formato que fose un reclamo para que a xente que veña de fora, poida disfrutar da gastronomía e do comercio local”, asegura Montilla. Deste xeito, comezará ás 13.00 horas co concierto de Verto, que terminará arredor das 14.30 horas. Nese intre será o momento ideal para deleitarse coa gastronomía local nos diferentes restaurantes da vila, e percorrer as súas rúas. O festival continuará dende as 18.00 horas con Rapariga DJ, Ale, Delafé e rematará con Delaporte ás 12 da noite. As actuaciones terán lugar na carpa instalada no Campo da Feira Vello, cun aforo de 600 persoas, que xa serviu como esceario principal das actividades culturais levadas a cabo durante este mes. En canto aos prezos, a entrada xeral é de 16 euros e pódense adquirir a través da plataforma Wegow. Os empadroados en Lalín poden disfrutar dun prezo máis reducido, posto que se reservaron para eles un total de 200 entradas a 10 euros. Na xornada de onte aínda quedaban dispoñibles algunhas entradas, aínda que cabe destacar que o ritmo de venda dos últimos días incrementouse notablemente, despois dos festivos locais en Lalín.

Lalín D´Fest abre a fin de semana adicada á LIII Feira do Cocido Cedida

https://www.wegow.com/es-es/conciertos/lalin-d-fest