Para que a celebración das festas de As Dores 2021 transcurran dentro da normalidade, o Concello de Lalín estabreceu unha serie de normas a seguir antes de cada evento, coa revisión da comisión municipal de xestión da pandemia. Os propietarios da atraccións de feira tamén agradecen o esforzo do goberno local para poder traballar con seguridade nun ano marcado pola ausencia destes postos en moitas outras celebracións.

O epicentro das actuacións -que contan ademáis con aforo limitado e reserva previa de entradas a través da páxina web do concello- será a carpa do Campo da Feira Vello, con capacidade para un total de 600 persoas sentadas “cumplindo todos os requisitos COVID”. En todas as actividades estabrécese un protocolo coordinado por persoal de Protección Civil, que garante a seguridade dos presentes. Pola súa banda, no que se refire ás atraccións sitas no Regueiriño, o goberno municipal contratou unha empresa externa que solventará a necesidade de facer cumprir a normativa vixente. Ademáis, a corporación fai un chamamento á cidadanía para dar exemplo de civismo e bo comportamento nestas Dores que, agardamos, sexan as derradeiras baixo a ameaza da COVID-19.

Deste xeito, as normas a seguir para asistir aos concertos da carpa do Campo da Feira Vello esrtán recollidos no propio sitio web do Concello de Lalín:

1. Pregan absterse de asistir a calquera dos eventos no caso de ter unha mínima sospeita de enfermidade contaxiosa por vía aérea ou no caso de estar suxeito a corentena domiciliaria.

2. O uso de máscara durante toda a celebración do evento será obrigatoria, así como a hixiene de mans á entrada e a prohibición de fumar, comer nin beber no recinto.

3. Os asistentes tarán que seguir en todo momento as indicacións de Protección Civil.

4. Ao remate do espectáculo o público permanecerá sentado ata que se lle indique a saída por parte de Protección Civil.

5. No caso de querer abandoar o recinto antes de tempo, deberase levantar a man para que Protección Civil se achegue para facilitarlle a saída.

6. A organización resérvase o dereito de admisión, e poderá indicar ás forzas da orde que procedan ao desaloxo de calquera espectador, no caso de que o seu comportamento non sexa adecuado, antes, durante ou ao remate do evento.

7. Por motivos de seguridade, o asistente ao evento deberá presentarse no recinto con tempo suficiente para acceder. Unha vez que o espectáculo comece, e o portador non fixera acto de presenza, a entrada perderá validez dez minutos antes da hora.

8. No caso de non ter reserva previa, deberá cubrir o seu ticket cos seus datos antes de entrar ao recinto. Os datos dos asistentes só serán empregados unicamente con fins sanitarios para o control de posibles gromos.

SÁBADO 18 DE SETEMBRO

10.30 horas: Disparo de bombas de palenque.

11.00 h.: Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Dezas De Moneixas.

12.00 h.: Concerto a cargo da Banda de Música de Valladares.

18:00 h.: Pasarrúas coa Charanga Ardores e Os Dezas de Moneixas.

18.00 h.: Actividades infantís. Actuación de Pablo Díaz “Concerto coas miñas mans”, na Praza da Biblioteca.

20.00 h.: Concerto a cargo da Charanga Ardores.

22.30 h.: Concerto enmarcado na Xira dos Cantantes Extraordinarios da TVG, coa actuación de Paco Lodeiro, Lucía Pérez, Pili Pampín, César Romero e Lito Panorama.

DOMINGO 19 DE SETEMBRO

10.30 horas: Disparo de bombas de palenque.

11.00 h.: Pasarrúas a cargo da agrupación Carballo da Manteiga.

12.00 h.: Pasarrúas da Charanga Os Verbeneros.

13:00 h.: Concerto da Banda de Música de Lalín.

18.00 h.: Pasarrúas de Carballo da Manteiga.

18.00 h.: Actividades infantís. Actuación na Praza da Biblioteca, “Derriba da Lúa”.

19.00 h.: Pasarrúas a cargo da Charanga Os Verbeneros..

20.00 h.: Concerto “Ei cantar coa vosa banda”: Banda de Música de Lalín acompañada de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara.

22.00 h.: Concerto “Camiño das Estrelas”, un espéctáculo de maxia, especial Disney, con voces en directo e danza para público familiar. Actuarán: César Romero, Ana Paz, Tamara Fernández, Alejandra Pais, Angel Hasegava, Fernando, David Maestro (mago) e tamén Grov As Ohana (bailaríns).

00.00 h.: Disparo de bombas.

LUNES 20 DE SETEMBRO

10.30 horas: Disparo de bombas de palenque.

11.00 h.: Pasarrúas a cargo da agrupación Carballeira de Cercio.

12:00 h.: Pasarrúas da Charanga Leña Verde.

13.00 h.: Concerto da Banda de Música de Vilatuxe.

18.00 h.: Pasarrúas da Carballeira de Cercio.

18.00 h.: Actividades infantís. Actuación na Praza da Biblioteca, Paco Pacolas de Rockciclando con Ramona Órbita*.

19.00 h.: Pasarrúas a cargo da Charanga Leña Verde.

20.00 h.: Concerto da Banda de Música de Vilatuxe.

22.30 h.: Concerto de Lucía Pérez.

MARTES 21 DE SETEMBRO

10.30 horas: Disparo de bombas de palenque.

11.00 h.: Pasarrúas a cargo da Os Trasnos de Doade.

12:00 h.: Pasarrúas da Charanga Km0.

13.00 h.: Concerto da Banda de Música de Muimenta.

18.00 h.: Pasarrúas de Os Trasnos de Doade.

18.00 h.: Actividades infantís. Actuación na Praza da Biblioteca, Mago Martín Camiña “Laretando nas Lareiras”.

19.00 h.: Pasarrúas a cargo da Charanga Km0.

20.00 h.: Concerto da Banda de Música de Muimenta.

22.30 h.: Concerto de Garufa Blue Devils. Big band con repertorio de temas clásicos dos anos 30 e 40, época de swing.