Avalados por máis de 24 anos de experiencia no sector dos guindastres e o transporte, Grúas Lalín Deza son especialistas en transportes especiais por estrada grazas á ampla frota coa que contan -dispoñen en total de máis de 50 vehículos- e ao seu equipo de profesionais cualificados que prestan servizos de calidade día a día.

Entre os seus servizos máis destacados atópase o transporte terrestre de mercadorías e a asistencia na estrada, ofrecendo axuda profesional aos condutores nos seus desprazamentos. Dispoñen de servizo de guindastre e dun coche-taller co que poden realizar reparacións in- situ en casos puntuais.

Unha nova delegación na Estrada acaba de estrearse, sumándose ás xa existentes de Lalín, Silleda, Monterroso e Ourense. Tamén teñen guindastres para o transporte de maquinaria, góndolas, e unha ampla gama de vehículos de transporte especial, desprazándose, ademais, por todo o territorio nacional.