Iglecar Auto conta con case 25 anos de traxectoria e experiencia no sector da automoción. Situada no Polígono Lalín 2000, dispón de servizo oficial Opel e KIA para a comarca. Ofrece tamén servizo técnico Opel para afrontar calquera avaría. Coa licenza de KIA dende o ano 2018, a firma lalinense complementa os seus servizos de taller de reparación e mecánica en xeral.

Dentro das súas áreas de especialización están as reparacións de avarías electrónicas, así como a incorporación de novos métodos de chapa e pintura, a compravenda de vehículos seminovos ou de quilómetro cero, e sempre cos prezos máis competitivos do mercado. Nunha constante posta ao día por mor das esixencias do mercado, Iglecar Auto SL tamén dispón de vehículos híbridos, un tipo de automóbil que leva anos collendo forza na comarca.

A compra dun vehículo, xa sexa novo ou de segunda man, é unha cuestión que require unha atención individualizada. Por iso é necesario deixarse asesorar por profesionais cualificados para cumprir coas nosas espectativas.