Fecimo ultima detalles na organización dun evento coñecido na comarca do Morrazo e que, cada ano, reúne a máis visitantes: A Feira de Oportunidades do Morrazo. Nesta XVI edición contará coa participación e cos productos de 26 Comercios Locais.

Rincón de Po, Foot on Mars, Chester, Colors, Zapatería Pegadas, IT Logos, Tecnosat, AleAli Zapatería, Badum Badero, Nöetta, Imagen Complementos, Deportes Oliver, Duende, Mímate +, Osbs Clothing, Ferretería O Muelle, Blondie by Noe, Cinania Shop, Complementos Lita, 7 Fresas, Atrezzo, Lencería Glamour, Nene´s Moda infantil y juvenil, Óptica Studio, Cousiñas de Kela e Mercaroupa ofrecerán esta fin de semana de agosto o seu stock aos mellores prezos nos seus stands da Feira de Oportunidades do Morrazo que terá lugar na Alameda Nova de Cangas como xa é habitual.

A organización, repite a disposición de haimas individuais de 5x5 metros nun perímetro valado de máis de 1000 m2, presentada o ano pasado, que mellorou significativamente o espazo de exposición e que facilita os movementos dos expositores e asistentes, e que resultou ser un éxito.

Estableceranse dous puntos de aceso, nos que se habilitará persoal para velar polo aforo e cumprimento das normas de hixiene, sendo imprescindible o emprego de mascariña e xel hidroalcohólico, e que servirán para iniciar e finalizar un percorrido definido polo recinto da feira e para acadar que a mesma sexa, ademáis dun éxito en ventas, tamén en seguridade.

Os asistentes a esta Feira poderán atopar produtos de stock de primeiras marcas de comercios de Cangas, Bueu e Moaña e que proceden de diferentes sectores como moda, deportes, infantil, óptica, tecnoloxía, zapatería, ferraxería, etc. con grandes rebaixas e que según anuncian os expositores rondarán o 50% , chegando en algunhos casos ata o 80%, polo que esta fin de semana en Cangas parece que será doado para os visitantes atopar verdadeiras “gangas”.

 

https://www.facebook.com/fecimo