Acudir ao noso posto de traballo, facer recados e mercar na Praza de Abastos, ir ao Centro de Saúde a unha cita co noso médico de cabeceira... Non son poucas as cousas que se realizan en Marín e que en moitos dos casos implican moverse en coche.

A mobilidade urbana ten que ir acompasada dunha ordenación do espazo que permita facer convivir aos peóns, en vilas cada vez máis amables e con zonas máis amplas, coa necesidade de aparcamento dos coches e vehículos.

O Concello habilitou máis de 600 novas prazas de estacionamento nos últimos anos

Por iso, o Concello de Marín vén de presentar o seu Proxecto Mares, para coñecer con facilidade todas as alternativas de estacionamento que se foron habilitando nos últimos anos e que supuxeron a creación de máis de 600 prazas novas.

MARES sostense en base a tres piares fundamentais: os aparcadoiros públicos gratuítos, a ZONA 2H e a futura creación dun aparcadoiro subterráneo baixo o Parque Eguren.

Os aparcadoiros públicos grauítos están situados en diversos espazos do centro urbano, ademais das dúas parcelas conseguidas en Seixo, e non teñen carácter temporal. É dicir, que se tes que deixar o teu vehículo en Marín durante varias horas, estas parcelas son a mellor opción.

Na web de MARES podes descargar o parking minuto, onde verás todas estas parcelas localizadas, cos tempos máximos que separan a pé cada unha delas dos principais puntos de interese da vila Cedida

Pero...onde están?

Pero... onde están? Na web de MARES podes descargar o parking minuto, onde verás todas estas parcelas localizadas, cos tempos máximos que separan a pé cada unha delas dos principais puntos de interese da vila:

  • Praza do Regueiro, con 60 prazas
  • Sagrada Familia, con 25 prazas
  • Concepción Arenal, con 100 prazas
  • Ponte Zapal, con 50 prazas
  • Virxe do Carme, con 40 prazas
  • Inferniño, con 60 prazas
  • República Arxentina, con 70 prazas
  • Jaime Janer, 50 prazas
  • Pavillón da Raña (uso sobre todo deportivo), 100 prazas
  • Carballal, con 50 prazas

Os aparcadoiros públicos grauítos están situados en diversos espazos do centro urbano, ademais das dúas parcelas conseguidas en Seixo, e non teñen carácter temporal Cedida

ZONA 2H

O segundo piar de MARES é a ZONA 2H, que incluirá unha restrición de horario para o estacionamento en diversas rúas céntricas da vila. Só iso, unha restrición do horario. Non é unha zona azul de pago, senón unha área de estacionamento limitado de máximo 2 horas, de luns a venres, de 08.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Estará operativa e en marcha a partir do mes de maio.

O obxectivo da ZONA 2H é fomentar a rotación dos vehículos para poder facilitar a existencia de prazas de estacionamento para as persoas que acoden ao centro da vila a facer recados e outras cuestións que se poden resolver nun período curto de tempo.

Concello traballa na creación dun parking subterráneo na vila, o primeiro de Marín, que se ubicará debaixo do Parque Eguren. Cedida

Primer parking subterráneo

Finalmente, o Concello traballa na creación dun parking subterráneo na vila, o primeiro de Marín, que se ubicará debaixo do Parque Eguren. É un proxecto que está na súa fase inicial, pero que xa conta con diversos estudos económicos, técnicos e de demanda, segundo adiantou o Concello na presentación de MARES.

Con esta estratexia integral, o espazo urbano será máis habitable e cómodo para todos e todas: para os peóns e os vehículos. Cada área de estacionamento ten a súa funcionalidade. Utilizala correctamente e apostar pola mobilidade a pé é una tarefa colectiva.

Clicka na web do proxecto e descarga os planos e o folleto informativo: http://www.concellodemarin.es/proxectomares/