A pesar da situación xerada pola pandemia Covid-19, a cooperativa de ensino Colexio Eduardo Pondal non renuncia ao seu modelo educativo baseado na aprendizaxe personalizada a través da experiencia e a emoción e fai uso das novas tecnoloxías para dar continuidade a todos os seus proxectos como parte da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO así como no marco da súa participación no programa SEMGAL, entre outras iniciativas. 

Fundado en 1982 e con case catro décadas de experiencia no seu campo, o Colexio Eduardo Pondal é unha comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos. Valores como o coidado do medio ou a convivencia con outros países e culturas son tamén fundamentais para a cooperativa de ensino canguesa. 

O Colexio Eduardo Pondal defende unha comunidade de aprendizaxe onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos Cedida

O programa 'Semgal', baseado no modelo SEM (SchoolwideEnrichmentModel), potencia a singularidade de cada alumno na educación

Unha escola que na mesma liña aposta pola innovación a través da participación en programas como o xa mencionado 'Semgal', baseado no modelo SEM (SchoolwideEnrichmentModel) e que contempla a singularidade de cada alumna e alumno, contribuíndo así á creación dunha escola inclusiva, no que os proxectos traspasan as fronteiras do propio centro. 

Como parte da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, o Eduardo Pondal leva a cabo accións encamiñadas a fortalecer as dimensións humanísticas, éticas culturais e internacionais da educación

Fomenta no seu alumnado o compromiso coa arte, a natureza, e a saúde; o que se concreta en iniciativas como 'Lova' ("La ópera, un vehículo de aprendizaxe"), recoñecido pola Unión Europea, Reanimación Cardiopulmonar; Voz Natura; ou o Plan Proxecta, nos módulos de Meteoroloxía, Parlamento Xove e Correspondentes Xuvenís.

Vocación Internacional 

Ademais e como parte da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, o Eduardo Pondal leva a cabo accións encamiñadas a fortalecer as dimensións humanísticas, éticas culturais e internacionais da educación, tomando como referentes os ODS en todos os seus proxectos.

Colaboran con outros centros da Rede en actividades a nivel europeo como o 'Obradoiro sobre a Integración do patrimonio inmaterial nas escolas', en Viena e Rotterdam, ou o 'Encontro de xóvenes científicos' en Santarem, no que o xaneiro pasado os alumnos de Bioloxía de 4º da ESO presentaron o seu propio proxecto.

O centro está implicado no programa de compostaxe escolar da Consellería de Medio Ambiente desde o seu módulo de Horta Cedida

Respecto polo medio 

Está implicado así mesmo no programa de compostaxe escolar da Consellería de Medio Ambiente desde o seu módulo de Horta, no que participan outros 24 centros de educación primaria que, coma eles, contan con servizo de comedor e horta escolar, unha actividade pioneira para impulsar a recollida separada da fracción orgánica no marco dos ODS 2030.

Interés, talento, emoción

Un dos grandes signos de diferenciación da escola do Morrazo é a súa aposta pola personalización educativa en función dos intereses do alumnado: "Entendemos o modelo educativo como unha oportunidade para descubrir intereses e potenciar talentos, ofrecendo diferentes experiencias tanto a través de proxectos como dos diferentes 'Módulos de Enriquecemento' para que os alumnos e alumnas se sintan os verdadeiros protagonistas dunha aprendizaxe a través da experiencia e onde as emocións xogan un papel fundamental", explican dende a dirección do centro, onde algúns destes módulos son: Laboratorio de Científicos, Liña do Tempo, Emotional & Creative Space ,Teatro, Robótica, Scrach, Xadrez, Artellando, Teatring, Experimentando, Obradoiro de Sons, Poesía, Desafía a túa mente, etc. 

É pioneiro na recollida separada da fracción orgánica no marco dos ODS 2030

O centro tamén aposta por unha metodoloxía baseada no traballo por proxectos, partindo dos intereses do alumnado; onde é imprescindible a colaboración pero tamén a reflexión e o traballo individual. O desenvolvemento de destrezas de pensamento de modo sistemático permite unha cultura de pensamento. O uso das TIC´s é fundamental, especialmente no contexto actual, onde as ferramentas dixitais van ser imprescindibles para dar continuidade a eventos tan significativos para o Colexio como a Quincena da ciencia, que recolle todo o traballo STEM, na que o alumnado presenta os seus proxectos de investigación; ou a Semana Cultural, momento de encontro de toda a comunidade educativa, na que os talentos de todos e todas se comparten.