As tendas de froita, entre os establecementos que xeran máis reciclado, están colaborando de xeito estreito con FCC Medio Ambiente, quen ten actividado un servizo a demanda de recollida de residuos como plástico, madeira ou cartón en 19 destas tendas.  

Unha proposta que, según apuntan desde a compañía, está a funcionar moi ben á hora de evitar o colapso dos contedores das rúas, entre as prioridades da empresa encargada de limpeza da cidade, con múltiples servizos dirixidos a garantir e facilitar a protección e o respecto polo medio ambiente.