25 persoas organizadas en diversas brigadas traballan durante a mañá e a tarde para manter a punto o rural vigués. Un cometido que levan a cabo aplicando unha filosofía respectuosa co medio ambiente. 

Para elo, dispoñen de maquinaria a medida como desbrozadoras de hilo eléctrico para a limpeza de cunetas e camiños, máis silenciosas e sustentables que as súas análogas de gasolina, e que ademais reducen ás vibracións soportadas polos operarios. 

A maiores da aposta pola sustentabilidade, o servizo mira tamén á seguridade entre as súas principais prioridades, algo que se deixa sentir en todas as accións. Deste xeito, os traballadores das brigadas van equipados cun equipo individual de seguridade composto por gafas, casco e luvas. 

Trabállase tamén cunha manta protectora de cara a evitar que pedras, grava e demais restos que se poidan desprender durante a realización das diversas tarefas impacten contra peons, vivendas, ou coches, etc.