Un vehículo que se adapta ó propio tamaño das rúas; contedores que se baleiran de forma automática; camións insonorizados que cambian o gasóleo polo gas... A recollida do lixo é eficiente e silenciosa na cidade olívica. Existe todo un equipo detrás que diariamente se esforza para que Vigo sexa unha cidade “extraordinariamente limpa”, según acreditan de feito as múltiples ‘Escobas de Platino’ que atesora o concello. 

Hoxe desvelan en FARO os segredos agochados tras unha cidade consolidada entre as máis limpas de todo o país, tamén a número un en reciclaxe da comunidade, grazas á aposta de FCC Medio Ambiente polo uso de tecnoloxía limpa e respectuosa co medio ambiente. De certo, a compañía responsable da limpeza de Vigo prioriza a sustentabilidade en todas as súas accións con vehículos e maquinaria de carácter eléctrico e de Gas Natural Comprimido (GNC), con clasificación ‘Zero Emisións’, e equipados cos últimos adiantos técnicos como sistemas de control monitorizado para o baleirado dos contedores ou GPS. Todos teñen unha antigüidade máxima de dez anos.

“Contan cos últimos avances e unha antigüidade máxima de dez anos”

Innovacións entre as que salientan os servizos de barrido mecánico con maquinaria nova eléctrica; o baldeo con maquinaria á última; o barrido mixto con barredora e sopladora eléctrica para a caída da folla; a limpeza en brigada con desbrozadora eléctrica; ou a recollida rural con URO-GNC. 

Camión URO-GNC. J. Lores

“Funciona moi ben, é máis suave e moito máis respectuoso co medio ambiente”, adianta o condutor deste último tipo de camión, que cobre as zonas de San Miguel, Matamá, Valladares e tamén de Cabral e Santa Cristina. 

Un vehículo especial de ancho reducido, accesible ós recunchos máis estreitos do rural vigués, que conta con motor de GNC de última xeración. 

Este camión, que recolle todas ás mañás de luns a domingo todos os contedores de carga traseira no ámbito rural, atópase ademais á vangarda do sector ó apuntarse á tendencia do gas e deixar atrás o gasóleo, que tende xa a desaparecer. O obxectivo é que os servizos prestados sexan o máis ecolóxicos posibles. 

Incorpora tamén un sistema específico de cara a garantir a seguridade dos operarios, que detecta cando están subidos nel para que non se poida circular a máis de 20 quilómetros por hora e que está previsto tamén dunha cámara que permite ver a parte traseira, de xeito que o condutor non os perda de vista. 

“Logramos reducir a zero as emisións de gases de escape e tamén as sonoras”

Outro dos grandes avances neste senso é o coñecido como camión de carga lateral, operado por un único traballador xa que o baleirado dos contedores realízase mediante un mando desde o interior da propia cabina: “Son camións amplos, cómodos, moi fáciles de manexar, e onde non se perciben os cheiros”, explica o equipo de FCC Medio Ambiente, que engade: “Teñen un botón roxo de parada de emerxencia por si houbera algún problema ou contratempo”. 

Entre os servizos de FCC Medio Ambiente á vangarda do sector atópase ademáis o barrido mecánico, tamén en clave sustentable grazas a maquinaria nova eléctrica. Un campo no que FCC Medio Ambiente emprega sistemas como a barredora de aspiración de beirarrúas, de ancho reducido e 100% eléctrica. Un vehículo que aporta calidade sen emisións de gases de escape nas áreas que usualmente presentan un elevado tránsito peonil. 

Baldeo con camión GNC para repasar a limpeza nas rúas do Casco Vello. J.Lores

O mesmo para o servicio de baldeo, con maquinaria como a baldeadora GNC, cun sistema de propulsión híbrido GNC-Eléctrico de dimensións reducidas para actuar e ter a punto o Casco Vello. 

Está equipado con sistemas de insonorización que permiten realizar o traballo sen molestias para as personas que circulan pola vía pública, e vai dotado ademais dun sistema que mellora a súa efectividade. 

Baldeadora de beirarrúas de ancho reducido, con zero emisións de gases. J.Lores

O coñecido como Porter, pola súa banda, é 100% eléctrico e utilízase para facer un repaso da limpeza tamén nas rúas da zona vella: “Empregamos unha app móbil para rexistrar os refugallos a recoller, quedando inmediatamente rexistrado na plataforma visiOn”. 

Tamén neste senso destacan a baldeadora de beirarrúas 100 % eléctrica de ancho reducido con zero emisións de gases de escape, e a barredora de carácter eléctrico e empregada durante os meses de outono, cando se produce a caída da folla das árbores da cidade.

Barredora de aspiración. J.Lorez

Desde FCC Medio Ambiente queren subliñar que esta aposta pola sustentabilidade, a eficiencia, a vangarda e a vocación de servizo ó cidadán non sería posible sen todo o equipo humano que existe detrás, conformado por centos de persoas que traballan día e noite para ter a punto a cidade. Eles son quenes fan que Vigo poida presumir entre os concellos máis limpos de España e a eles quere agradecerlles o seu compromiso e dedicación unha vez máis.