Por se acaso se dese a circunstancia de que a montaña non fose a Mahoma, Vigo adiántase e move a reciclaxe polas rúas da cidade. Achega o punto limpo a todos os cidadáns a través dun avanzado vehículo móbil, que cada semana está presente en ata 12 localizacións fixas co obxectivo de que os vigueses non se teñan que desprazar cos seus propios recursos para depositar os residuos que precisan dunha xestión diferenciada. 

Aparatos eléctricos, ordenadores, batidoras, planchas, pero tamén aceites, aerosois, radiografías ou inlcuso xoguetes vellos son só así algúns dos tipos de refugallos que poden deixarse no Punto Limpo Móbil de Vigo (PLM) e que, posteriormente, son levados ao xestor autorizado garantindo un tratamento adecuado. 

“O Punto Limpo Móbil ten como obxectivo complementar ó Punto Limpo Fixo, facilitando ós cidadáns de Vigo a separación daqueles residuos do fogar que deben ter unha xestión diferenciada”, explican desde FCC Medio Ambiente sobre o PLM; por certo, tamén reflexo do compromiso da cidade coa sustentabilidade dado que funciona cun motor GNC de última xeración. Unha vez máis, FCC Medio Ambiente aposta polo gas frente ao gasóleo á hora de escoller a súa flota de vehículos. 

O PLM conta cunha app que rexistra 
de forma inmediata 
ó cidadán 
e o refugallo a depositar José Lores

O PLM traballa de luns a sábado en horario de mañá:8.30 a 14.00 horas;e de tarde: 14.30 a 20.30). Deste xeito, os luns está no Berbés pola mañá; e na praza Eugenio Fadrique pola tarde; os martes: rúa León con Urzáiz e Coia, rúa Baiona con Redondela; os mércores: rúa Velázquez Moreno con Progreso e Bouzas, rúa Eduardo Cabello; os xoves: praza de Abastos de Teis e explanada Estadio Balaídos; os venres: rúa Subride, al lado do parque infantil, e praza Elíptica con Fernando Conde. Finalmente, os sábados está en Mercado Travesas e rúa Teixugueiras. 

Unha ferramenta que da ademais boa mostra do xeito en que a aposta polas novas tecnoloxías permite estar máis cerca do cidadán. Conta cunha APP móbil que rexistra inmediatamente ó cidadán e o refugallo que quere depositar. Só pode recibir residuos dos fogares de particulares e non poden levarse grandes trastos coma mobles, sofás ou colchóns.