Avalados polo prestixio dunha marca punteira no sector, Carlin A Estrada ofrece servizos de copistería, hiperpapelería, arquivadores, selos, grapadoras, encadernadoras, libros de contabilidade, material escolar e de oficina, mobiliario, consumibles... Ao longo destes días ofrecen artigos en promoción con ata un 30 % de desconto en moitos deles. Así, podemos atopar ofertas dun 10 % en sillas (dispoñibles en tenda), destructoras, repousapés e outros produtos ergonómicos, mobiliario ou axendas, entre outros; os descontos ascenden ao 20 % no caso das mochilas e maletíns (tanto técnicos como escolares); e ata un 30 % en artigos de agasallo seleccionados e coleccións. Da man das mellores marcas –Animosa, Gorjuss, Nici, Top Model, Mr. Wonderful, entre moitas outras-, tamén dispoñen de sección de manuelidades, xogos e actividades educativas para os máis cativos, unha oportunidade única para pedirlle aos Reis Magos que vaian adiantando as súas compras de Nadal para os máis cativos. E é que cando se trata dos máis pequenos, calquera recurso é benvido para que desenvolvan a súa imaxinación. As axendas e bloc de notas, así como as tazas personalizadas, poden ser o agasallo ideal para sorprender nestas datas.

https://www.facebook.com/carlinnaestrada/

https://www.instagram.com/carlin_papeleria/

Ao longo destes días ofrecen artigos en promoción con ata un 30 % de desconto en moitos deles. Cedida