Especialistas en venda e reparación de electrodomésticos, Electrodomésticos Rey dispón de dous establecementos no casco urbano da Estrada, nos que poñen ao dispor dos seus clientes centos de produtos ao mellor prezo. Da man da prestixiosa cadea Activa, Electrodomésticos Rey está inmerso en plena campaña de Black Friday, con descontos que alcanzan o 50 % nalgúns produtos. As súas ofertas aplícanse tanto a pequeno como a grande electrodoméstico, sen esquecerse dos artigos informáticos, de telefonía, tablets, ou televisores, entre outros. Sen dúbida, unha gran oportunidade para facerse co produto desexado nestas datas, e que axudará a afrontar unha campaña de Nadal cuxo inicio ven marcado, dende hai anos, precisamente polo Black Friday. Cafeteras, afeitadoras, secadores, batidoras, robots aspiradores, ordenadores portátiles e de sobremesa, pranchas e motios máis produtos completan a súa oferta. Podería ser, deste xeito, unha boa oportunidade para ir adiantando as compras de Nadal e pedirlle a Papá Noel e os Reis Magos que fixeran o mesmo. Nos dous establecementos da firma estradense atoparemos asesoramento por por parte de especialistas cualificados no sector. 

Nos dous establecementos da firma estradense atoparemos asesoramento por por parte de especialistas cualificados no sector. Cedida

https://www.facebook.com/activarey

https://www.tustiendasactivanorte.com/