Como cada ano Multiópticas Lalín ultima os detalles do Black Friday, no que poñen a disposición da súa clientela descontos que acadan nalgún caso o 60 %. Dende este establecemento lalinense aseguran que o traballo durante estos meses non está sendo doado, pero que sí está sendo moi gratificante. “Desde que se declarou o estado de alarma notamos como os nosos clientes preocúpanse, ademais do seu sistema visual, polas medidas de seguridade e hixiene do comercio. Foron moitos meses de adaptación onde se investiu moito en xeles hidroalcohólicos, máscaras e mesmo purificadores de aire para garantir a seguridade dos seus clientes, pero este investimento pagou a pena”. Nesta semana de abundantes descontos, Multiópticas Lalín habilitou unha axenda online para que os seus clientes poidan pedir comodamente desde os seus fogares as súas citas, evitando así aglomeracións innecesarias. O persoal de Multiópticas Lalín quere dar as grazas a todos os seus clientes por todos estes anos e sobre todo por este último, onde queren destacar o comportamento cívico e exemplar de todos e cada un deles.

O persoal de Multiópticas Lalín quere dar as grazas a todos os seus clientes por todos estes anos Cedida

https://codigolens.com/es/

https://www.facebook.com/opticacodigolens

https://www.instagram.com/codigolens/