Tras un verán seco e con altas temperaturas, nas últimas semanas Deza e Tabeirós-Montes viron como, de maneira lóxica coa chegada do outono, facían a súa aparición tamén os primeiros momentos de frío e choiva. É, neste instante, cando moitos veciños toman conciencia da necesidade dun sistema calefactor que ofreza comodidade en casa ou no traballo. En ambas as comarcas, hai profesionais especializados nas múltiples modalidades de xeración de calor existentes. Desta maneira, estes expertos poden recomendar en cada caso o sistema máis axeitado e que mellor se adapte ás necesidades concretas de calor pero tamén aos condicionantes existentes. Neste senso, o gasóleo de calefacción segue a ser un dos combustibles máis empregados, sobre todo nas zoas do ruraL. Transportes Unión Deza conta con profesionais que acumulan máis de 25 anos de experiencia no transporte, venda e distribución de gasóleo a domicilio, así como para automoción e agrícola. A firma, con sede na Estrada, caracterízase por un servizo axil e responsable, sempre mantendo un trato cercano co cliente. A empresa distribúe gasóleo de primeiras calidades e chega á práctica totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña. Dende a xerencia defenden a calidade do combustible, posto que afecta, e moito á eficiencia do sistema calefactor, e aseguran que “a pesares da implantación das novas fontes de enerxía calorífica, o gasóleo segue a menter o pulso e é unha das alternativas máis empregadas no rural”. Recoñece que agora mesmo o mercado está nun momento “tranquilo”, en parte porque tamén é tempo de facer mantemento e posta a punto das instalación, pero confían en que pronto, coa chegada do frío, aumenten as encargas. Por eso aconsellan facer os pedidos con tempo, aproveitando ademáis o bo prezo do combustible.

https://www.paxinasgalegas.es/transportes-union-deza-479143em.html

Máis info: 670 715 706, transuniondeza@gmail.com