Ferrodeiro pon a disposición da súa clientela unha ampla oferta en estufas de pellets da man da prestixiosa marca Biomasa Ferroli. Este tipo de enerxía, como xa é ben sabido, é coñecida polas súas numerosas vantaxes, entre as que destacan o aforro enerxético e mais o respecto polo medio ambiente. O establecemento rodeirense dispón tamén de venda de sacos de pellets, os máis eficientes do mercado en relación calidade prezo, posto que permiten un maior aproveitamento e aforro fronte a outros biocombustibles. Os sistemas alimentados con pellets son algunhas das instalacións máis comúns na contorna local. Segundo o Inega, A biomasa pode empregarse nas vivendas tanto para a produción de auga quente sanitaria como para a calefacción, para o que se utilizan caldeiras especiais para biomasa como combustible. Tamén se poden utilizar como apoio á calefacción ás estufas/chemineas que quenten aire a partir da biomasa. Os pellets son un produto ecolóxico que, ademais, presentan un elevado poder calorífico, ocupando menos espazo que a leña no momento da súa almacenaxe. Ferrodeiro ofrece ademáis todo o preciso en ferretería, xardinería, apicultura, fontanería, gandeiría, enrexado, menaxe, pinturas, bricolaxe, postes de madeira, barbacoas, hidrolimpiadoras etc. Ofrece servizo de distribución a domicilio e respeta todas as medidas de protección e prevención para que o cliente se sinta totalmente seguro.

O compromiso desta empresa na actual situación é patente. Hai uns meses colaboraba desinteresadamente co Concello de Rodeiro doando unha fonte de xel hidroalcohólico que foi instalada na entrada do centro de saúde. O Concello agradecía a Daniel Albor Méndez -responsable da firma- esta doazón e a dispoñibilidade que tivo de colaborar co Concello dende a declaración do estado de alarma. 

https://www.facebook.com/Ferrodeiro/

Máis info: Calle B, 25, Rodeiro; 986790327