En Electrodomésticos Rey son especialistas na venda e reparación de todo tipo de electrodomésticos, e tamén son punto de venda oficial das prestixiosas marcas FM e La Nordica Extraflame, comercializadoras de estufas de pellets. Conta con dous establecementos en A Estrada, un na rúa Calvo Sotelo e outro en Avenida de América, onde o cliente recibirá asesoramento personalizado por especialistas cualificados no sector. O seu horario de atención ao público é de luns a venres de 9:30 a 13:30h. y de 16:30 a 20:30 horas, e os sábados de 09:30 a 14:00h. Tamén ofrecen servizo de reparación 

Electrodomésticos Rey traballa da man da cadena Activa, líder no sector dos electrodomésticos, e conta cunha ampla gama de productos relacionados coa calor no fogar e enfocados a evolucionar de cara a un mellor rendemento e un deseño moderno e seguro para cada ambiente. Calefactores, estufas de butano, radiadores, deshumidificadores, e mesmo sacos de pellets, completan a oferta dos produtos estrela destas datas no establecemento estradense. Ademáis, están inmersos nunha campaña especial de secadoras con importantes descontos, unha campaña que se ven a sumar ás multiples que levan a cabo ao longo do ano para fidelizar coa súa clientela. Tamén contan con aparellos de imaxe e son, procutos informáticos e artigos de telefonía.

 

https://www.facebook.com/ActivaEstrada

https://www.electrodomesticosrey.es/

Máis info: Calvo Sotelo 22, A Estrada; 986570814