08 de agosto de 2020
08.08.2020
Faro de Vigo
CONTENIDO PATROCINADO

Control e seguridade nas praias de Marín, unha xoia para gozar do verán

O Concello desenvolveu un sistema de control do aforo en tempo real, que traduce os datos a uns semáforos que se poden consultar na web, que converten a Marín nunha smart city, grazas á EDUSI Marín 2020, cofinanciada nun 80% cos fondos FEDER da Unión Europea

08.08.2020 | 07:53
Control e seguridade nas praias de Marín, unha xoia para gozar do verán

Que é un verán sen as nosas praias? O sol, o mar, os paseos pola beira€ Todo iso forma parte do noso ocio cando chega o bo tempo. Pero vivimos nun momento no que todo o que acostumábamos a facer precisa dun cambio, precisa de innovación e da creación de novas ferramentas que permitan que o que máis nos gusta tamén se poida facer na nova normalidade.

O Concello de Marín quere que as súas praias, a súa gran xoia natural, sexan espazos seguros fronte á pandemia mundial da Covid19. Por iso, durante as fases de desescalada, centrou os seus esforzos no desenvolvemento dun sistema de control do aforo das praias en tempo real, que xa desde xullo permite a todos os amantes da costa marinense saber onde poderán atopar un sitio cómodo e coa distancia de seguridade precisa en calquera momento do día.

Pero€ como funciona? Pois cun sistema de conteo baseado en intelixencia artificial, do que se extraen uns datos de ocupación que logo se traducen nun semáforo, que indica como de chea está a praia. E todo ao alcance dun click! Apenas é preciso entrar na web do Concello para comprobar de que cor están os semáforos de Portocelo, Mogor, Aguete e Loira.

Esta ferramenta, así como outras que pouco a pouco se veñen desenvolvendo no municipio, están a transformar a Marín nunha smart city ou cidade intelixente. Este obxectivo forma parte da EDUSI Marín 2020, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado do Concello de Marín, cofinanciada nun 80% polos Fondos FEDER da Unión Europea.

Porque si, hai outra maneira de vivir nas nosas vilas e outra maneira de facer Europa: máis conectada, máis telemática, con maiores facilidades para gozar do espazo público e con aplicacións e iniciativas que permitan que as novas tecnoloxías estean ao alcance de toda a cidadanía.

Ademais, a posta en marcha deste control de aforo tamén tivo un impacto positivo na economía local da nosa vila, xa que se trata dun sistema desenvolvido por unha empresa de aquí, da vila de Marín, chamada TheLab&Co, que en tempo récord soubo adoptar unha solución rápida, eficaz e accesible para unha necesidade xurdida da crise sanitaria.

A colocación dunha pantalla LED nas inmediacións da Praza de España foi o segundo paso deste proceso, que procura tamén axilizar e desconxestionar o acceso rodado ao viario de praias. Consultando previamente o aforo, un xa sabe se pode acudir ou non co seu coche a unha praia concreta ou se sería interesante buscar unha alternativa dentro do noso litoral.

A seguridade e as novas tecnoloxías deben ir da man na nova normalidade e por iso o Goberno local de Marín seguirá apostando por ferramentas deste estilo, que permitan ofrecer información útil, en tempo real e de servizo á veciñanza e a todos e todas os que visitan esta vila mariñeira, cunhas praias envexables, de Bandeira azul, unidas por un Sendeiro tamén azul, nas que gozar do sol, do mar e da area do xeito máis seguro posible.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook