Bamarti forma parte da Estrada dende 1.990. Durante este tempo mantivo a loita para facer un pobo mais bonito, para crear emprego, para que as empresas da Estrada sexan mais fortes e sólidas. "Somos o mellor pobo para vivir e grazas o esforzo de todos nos o futuro está garantido".

A día de hoxe están a construír da man de Miguel Villar na rúa Calvo Sotelo 27 o que é un referente en vivendas en canto a calidades, aforro enerxético, "huella de carbono" e un longo etcétera de calidades, traballando sempre con empresas locais: Estradense de Calefacción, Industrias Cerviño, Instalacións eléctricas Tato Rodríguez, Pinturas Charli, Carpintería Mucarce, Monster Estudios, Areas Estrada, Hormigones Marbre, Pizarras Payno...

Así mesmo comezaron a comercializar 16 parcelas no polígono de Toedo, o cal vai xerar mais de 120 postos de traballo, consolidando A Estrada na cabeza dos concellos en cato a creación de emprego. "Así seguiremos traballando para facer da Estrada un pobo donde vivir e traballar.