Pastelería Mimela leva dende 1985 endulzando os fogares de todos os estradenses coas súas elaboracións. Nin sequera o estado de alarma ocasionado pola pandemia da COVID-19 pararon o bo facer de Antonio Sanmartín, quen mantén a súa forte aposta polo emprego de produto de tempada e de proximidade. Tanto é así que, a principios deste mes de xuño, as súas propostas elaboradas con sidra ecolóxica estradense voltaron a ser un gran reclamo entre a súa clientela.

Coa chegada do verán ofrece, como cada ano, unha gran variedade de tartas frescas con froita de tempada e naturais como cereixas, albaricoque, foitas da paixón, fresas... Outra das recentes apostas de Antonio, responsable do emblemático obrador estradense, son os produtos elaborados con sidra ecolóxica estradense, tales como nubes e gominolas artesanais feitas con mazá e sidra ecolóxica, ou as galletas rodou dou.

Nestas datas non han faltar as elaboracións de refrescantes vasiños para combatir as altas temperaturas que estamos a rexistrar dende a pasada semana, con recheos de froita, mousse de limón, vainela, xelificado de frambuesa con toffe, tiramisú, chocolates con sal ou xelificados de mango, entre outros..

Dende Pastelería Mimela queren transmitir unha mensaxe de ánimo e manifestar o seu compromiso coa cidadanía de A Estrada para garantir un servizo óptimo, e coas máximas garantías de seguridade, animando a todos a remar xuntos na mesma dirección para sair adiante e reforzados desta situación.