18 de junio de 2020
18.06.2020
Faro de Vigo
ESPECIAL DE ENSINO O MORRAZO 2020

Velamorrazo, navega con todas as garantías, agora tamén on-line

A primeira academia náutica da comarca do Morrazo reforza a súa aposta pola formación dixital

18.06.2020 | 20:58
O centro está homologado para a obtención dos diferentes títulos náuticos.

Experiencia e paixón pola navegación únense en Velamorrazo, a primeria academia náutica do Morrazo, con máis dunha década de traxectoria como escola de titulacións náuticas deportivas homologadas, imprescindibles para saír a navegar con todas as garantías. Así, ofrece aos amantes do mar a obtención dos diferentes títulos náuticos esixidos pola lexislación española como son a Licencia de Navegación e os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB), Patrón de Embarcacións de Recreo (PER), Patrón de Iate e Capitán de Iate. O PNB permite manexar embarcacións de recreo de ata 8 metros e navegar ata 5 millas; o PER, ata 15 metros de eslora e 12 millas; e o título de Patrón de Iate, ata 24 metros de eslora e 150 millas.

Licencia de Navegación cun curso de só seis horas

Destaca entre todas elas a Licencia de Navegación, válida para manexar de día embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora sen afastarse máis de dous millas náuticas da costa.

Unha certificación que se obtén cun curso de só seis horas lectivas, distribuídas en dúas horas de clases teóricas e catro horas de prácticas, e que dende o cambio de lexislación do pasado ano 2019 permite a quenes estean na sua posesión gobernar todo tipo de motos de auga sen límite de potencia.

Unha gran oportunidade e entre os cursos máis demandados da escola actualmente, segundo explican dende o propio centro, no que os alumnos poderán coñecer as partes fundamentais dunha embarcación así como os elementos de seguridade e as normas de navegación, ademais de realizar todo tipo de prácticas na motora da escola, "Marlo": navegación, fondeos, atraques...

Para acceder ao curso só é necesario ser maior de 18 años ou, no seu caso, ser maior de 16 anos e contar co permiso dos pais ou titores legais, así como estar en posesión dun certificado médico oficial que acredite as condicións psico-físicas adecuadas para manexar unha embarcación.


Velamorrazo incorpora novos formatos de ensino

Entre as grandes novas de Velamorrazo para este verán encontráse a opción de cursar as clases teóricas de calquera dos títulos impartidos en formato on-line a través de distintas plataformas de videoconferencia, que se están a complementar con apps especializadas no sector naútico. Unha nova modalidade de ensino que xurdiu a raíz da necesidade da escola de continuar coa súa actividade lectiva tras o peche das aulas imposto pola pandemia Covid-19 e que agora se mantén pola boa aceptación entre o alumnado: "Estamos moi contentos e satisfeitos coa resposta dos nosos alumnos e temos comprobado como, da necesidade, xurdiu unha oportunidade para personalizar aínda máis o noso sistema de ensino".

"De feito e agora que voltaron as clases á academia, hai alumnos que nos piden continuar coa modalidade on-line para a parte teórica. Ademais da comodidade e as facilidades para conciliar as clases con outras actividades, moitos dinnos que, ao acabar as clases, xa están enganchados ao temario e así poden continuar traballando dende a casa", explican dende Velamorrazo, onde, por outra banda, xa teñen implementado todas as medidas de hixiene e protección necesarias para garantizar a seguridade e a tranquilidade de alumnos, profesorado e demais personal do centro, cun protocolo específico destinado á desinfección das embarcacións do centro náutico.

Para saber más: https://www.velamorrazo.es/

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook