18 de junio de 2020
18.06.2020
Faro de Vigo
ESPECIAL DE ENSINO O MORRAZO 2020

FP Dual, unha aposta con moito recorrido

Esta modalidade integra os tres piares fundamentais que sustentan o proceso de formación dun profesional

18.06.2020 | 21:05
FP Dual, unha aposta con moito recorrido

A Formación Profesional Dual continúa gañando adeptos entre o alumnado da comunidade, unha modalidade de estudos que destaca pola alta inserción laboral grazas a súa aposta pola adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á integración nos procesos produtivos dunha empresa e que conta ademais coa vantaxe de que os alumnos e alumnas reciben unha remuneración dende o inicio de permanencia na empresa.

A opción da FP Dual, xa moi popular en países do noso entorno como Alemaña ou Francia, entre outros, distínguese así pola corresponsabilidade na formación dos alumnos entre os centros e as empresas, que comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. De feito, e das 2.000 horas establecidas no currículo, un mínimo do 33 % debense impartir coa participación da empresa.

De este xeito, os ciclos formativos desta modalidade, que poden distribuírse en dous ou en tres anos, integran os tres piares fundamentais que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular, específica do ciclo formativo; traballo na empresa e formación complementaria, específica para os procesos produtivos de dita empresa, combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Unha ofetta formativa interesante en tanto en canto o alumnado recibe parte da súa formación na empresa, feito que, ademais de proporcionarlle unha formacion practica e remunerada, ofrecelle un amplo abano de posibilidades no seu recorrido laboral.

Dende o pasado ano 2019, Galicia conta cunha Rede galega de dinamización da Formación Profesional Dual que, ao abeiro do Plan de dinamización da FP Dual de Galicia, divulga esta modalidade entre o alumnado ao tempo que atende as novas necesidades que xurden nas empresas dos diversos sectores e industrias.Está constituída por centros integrados de Formación Profesional e aqueles que impartan FP Dual, entre outros.

Alimentación, automoción ou renovables, entre o amplo abano de opcións

Cada vez son máis os centros e empresas que se apuntan á Formación Profesional Dual, ofrecendo así un amplo abano de posibilidades aos alumnos en diferentes eidos do sector productivo e a vangarda do que demanda o mercado de traballo, sempre en movemento. Entre os Ciclos Medios e Ciclos Superiores de Formación Profesional Dual existentes na nosa comunidade autónoma actualmente contánse algúns tan distintos enre sí como Coidados auxiliares de enfermaría, Elaboración de produtos alimentarios, Soldadura e caldeiraría, Construcións metálicas, Dirección de cociña, Aproveitamento e conservación do medio natural, Enerxías renovables, Estilismo e dirección de peiteado ou Xestión de Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións, entre moitos outros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook