23 de mayo de 2020
23.05.2020
Faro de Vigo
CONTENIDO PATROCINADO

A Estación de Servizo Bandeira pon en funcionamento unha nova zona de lavado e aspirado de vehículos

Este establecemento caracterízase por dispoñer de servizo as 24 horas do día os 365 días do ano, algo que a diferenza doutras competidoras

23.05.2020 | 01:31
A estación de servizo atópase ao pé da carretera N-525, que une Lalín con Santiago. //Bernabé/J.L.

Dende a sua reapertura en maio do 2015, as responsables da Estación de Servizo de A Bandeira prioriza o trato amable e próximo co cliente, atendendo sempre ás súas necesidades do mellor modo e o máis axiña posible. Mantendo a súa aposta inicial por unha constante renovación e modernización das súas instalacións, a estación de servizo acaba de estrear un novo posto de limpeza do automóbil cun módulo de aspirado e dous de lavado, un servizo que ven a complementar o resto dos que dispón a firma silledense.

Este establecemento caracterízase por dispoñer de servizo as 24 horas do día os 365 días do ano, algo que a diferenza doutras competidoras. Ademais, dende un principio apostaron firmemente por dispoñer dos mellores carburantes do mercado para os seus suministros, tanto de gasóleo como de gasolina, e aos prezos máis competitivos da comarca, tanto que se mantén nos primeiros postos dos surtidores cos prezos máis baratos da comarca. Contan ademáis con surtidor Adblue, un sistema que reduce o óxido de nitróxeno e os benzopirenos presentes na cinza que xeran os vehículos diésel.

Situada na entrada do casco urbano da Bandeira, sentido Santiago, a súa privilexiada ubicación, así como a sua amplitude, é ideal para os vehículos que precisen encher o seu depósito e que circulen pola estrada N-525, a que comunica Ourense con Santiago de Compostela e que atravesa as localidades dezás de Lalín e Silleda.

A Estación de Servizo Bandeira suma tamén a venda de prensa e unha tenda de alimentación con produtos esenciais de primeira necesidade. Dende que se decretara o estado de alarma pola Covid19, ofrecen servizo a domicilio para persoas maiores e con mobilidade reducida. Na actualidade están a extremar as precaucións para garantir a seguride de clientes e traballadores.

A xerencia agradece o grande esforzo que toda a súa plantilla está a facer na situación actual, así como o de todas as persoas que colaboran, dun xeito ou doutro, para saír adiante. Sanitarios, persoal de supermercados transportistas e demais sectores.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook