Folclore, cultura e diversión unénse cada ano no que é un dos entroidos máis orixinales de toda a provincia, os seus oríxenes remontánse xa aos inicios do SXVIII e está considerado como Festa de Interese Turístico de Galicia. Vilaboa inaugurou este venres o Entroido de Cobres coas actuacións das tradicionais Madamas e Galáns como selo de identidade inmellorable.

Levan xa varios días percorrendo as distintas parroquias, coa compañía das charangas e agasallando aos presentes con bailes como a popular Danza dos Cobres e repetirán tamén coma proragonistas no Martes de Entroido; sen dúbida, entre os mellores días para desfrutar do Entroido de Cobres.

Unha cita orixinal e auténtica, unha xoia do patrimonio cultural da comarca, que se ten conservado ao longo dos séculos gracias á tradición oral e como legado transmitido de pais a fillos. Fai agora cada ano as delicias de veciños e visitantes grazas aos característicos traxes e bailes destas xa míticas figuras, con ‘Madamas’ e ‘Galáns’ na posición social máis elevada, por unha bada e, pola outra, os ‘Aldeáns’, o último eslabón da cadea e grupo maioritario.

Así e un ano máis, Vilaboa vivirá o seu gran día este Martes de Entroido, coa celebración pola tarde de antigos xogos populares coma o da ‘corrida do galo’, con rituais cargados de simbolismo, ‘o galo no río’ ou o ‘galo na vara’. Unha xornada na que non faltarán o pregón ou a queima do galo e que contará coa actuación da Mosca Valente coma gran peche das festas.

Un plan diferente, divertido, folclórico. O Entroido de Cobres, avalado por décadas de tradición, cunha programación lúdica a que se engade un gran valor cultural e histórico; a bó seguro, unha alternativa de interese e calidade que non poden perderse aqueles que se encontren estes días entre Vigo e Pontevedra.

Para saber máis: www.turismo.gal/entroido-de-cobres