19 de septiembre de 2019
19.09.2019

Servizo de fabricación propia a medida, adaptada ás necesidades de cada cliente

19.09.2019 | 06:00
En García Lorenzo tamén dispoñen de artigos de descanso. // Bernabé

Muebles García Lorenzo conta cunha exposición de cinco plantas na que dispoñen de mobiliario de producción propia e outros artigos dos principais fabricantes do país. Con máis de 40 anos de experiencia na fabricación de mobles, esta firma estradense combina a tradición artesán, os acabados e as madeiras nobres coa última tecnoloxía. Como resultado desta mestura, consiguen mobles únicos e de inmellorable calidade. Dormitorios de diversos estilos, salóns e comedores, auxiliares con deseños elegantes e actuais para ambentes acolledores... En Muebles García Lorenzo atopamos un espazo no que o estilo clásico convive coa vangarda. Creatividade, orixinalidade e funcionalidade son tres dos aspectos que dende esta firma estradense se teñen sempre en conta. Destacan pola fabricación a medida e contan cunha zona adicada ao descanso, con numerosas ofertas e promocions en colchóns. Na actualidade, pola compra dun colchón agasallan cunha base de regalo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook