Desde a xerencia de Irmáns Picaño sempre houbo a inquedanza de crecer e xerar novos enfoques empresariais ampliando así os seus servizos, e de aí o nacemento de Irmans Picaño Renovables, proxecto enfocado cara á actividade do mundo das enerxías renovables, partindo dunha colaboración cunha mellor sustentabilidade.

O proxecto enfocouse fortemente cara ao mundo da climatización e calefacción mediante biomasa, apostando por enerxías limpas e de futuro. Os produtos máis demandados son as estufas e caldeiras de pellets, ademais do pellet en si, tanto en sacos como a granel. Irmáns Picaño Renovables son distribuidores das firmas máis importantes do sector, e ofertan a mellor gama de produtos a nivel de innovación, apostando sempre por un servizo próximo, transparente e serio.

Conta cun equipo profesional de técnicos, os cales se encargan da instalación das máquinas e da súa posta en marcha, obtendo así unha maior garantía de funcionamento dos equipos nos fogares. Tamén é cada vez maior a demanda de uso de caldeiras en granxas, sector co que estan moi vencellados, e onde poden ofertar prezos moi competitivos. "O noso reto é a comodidade dos nosos clientes no fogar, a súa satisfacción e benestar son os motores para que Irmáns Picaño Renovables siga crecendo".