19 de septiembre de 2019
19.09.2019

A Estrada abre as súas portas ás últimas tendenzas en mobiliario e decoración

19.09.2019 | 06:02
Visitantes no stand de Artest durante o certame do ano pasado. // Bernabé

A 33 Feira do Moble de Galicia reune dende hoxe e ate o domingo, no recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, a máis de 60 firmas expositoras, principalmente procedentes de diferentes puntos de Galicia, e tamén de Portugal, Asturias, Salamanca, Valladolid, Alicante, Toledo e Bizkaia. Entre os produtos e servizos que se poden atopar todos aqueles que se acheguen ata o certame deste ano, están todos os relacionados con mobiliario de diferentes estilos, así como unha ampla gama de artigos de descanso, solucións de carpintería de aluminio e PVC, piscinas, agasallos e complementos de decoración, sistemas de limpeza, sistemas de calefación e climatización, etc.
Como ven sendo habitual, os organizadores do evento teñen previsto realizar diferentes sorteos de agasallos entre os asistentes, entre os que destaca o sorteo do mobiliario dun apartamento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook